Artigo 14 | Adxudicación de herdanza ante notario.
DESPACHO DE ABOGADOS, ABOGADOS, AVOGADOS, ABOGADAS, AVOGADAS, CONSULTA, DERECHO, PROCEDIMIENTO JUDICIAL, JUICIO, SEPARACIÓN, DIVORCIO, HERENCIA, ACCIDENTE DE TRÁFICO, DESPIDO, SEGUNDA OPORTNIDAD, CONCURSO DE ACREEDORES, GASTOS HIPOTECARIOS, CLÁUSULA SUELO, TARJETA DE CRÉDITO, COMUNIDADES DE VECINOS, SANCIÓN, INVESTIGACIÓN,
16131
post-template-default,single,single-post,postid-16131,single-format-standard,ajax_updown,page_not_loaded,, vertical_menu_transparency vertical_menu_transparency_on,qode-title-hidden,vss_responsive_adv,hide_top_bar_on_mobile_header,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.1.1,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Adxudicación de herdanza ante notario.

Co falecemento dunha persoa ábrese a súa sucesión, é dicir, os seus bens e as súas débedas pasan a formar parte da súa herdanza, e é preciso adxudicar estes aos herdeiros. Cando existe acordo entre todos os herdeiros este procedemento é sinxelo, vexamos como.

1º.- DECLARACIÓN DE HERDEIROS. ¿Cándo se outorga?
No caso de falecementos sen haber outorgado testamento é preciso comparecer nunha Notaría e solicitar una Declaración de Herdeiros na que un Notario dará fe de qué persoas son herdeiros da persoa falecida.
Para os casos de que exista testamento non fará falta o trámite anterior xa que no propio Testamento veñen recollidas as persoas que suceden á causante.
2º.- LIQUIDACIÓN DA SOCIEDADE DE GANANCIAIS CO CÓNXUXE VIÚVO.
Nos casos nos que a persoa falecida estivera casada en réxime de sociedade de gananciais é preciso, con carácter previo a adxudicar a súa herdanza, determinar qué bens forman parte desta.
Por iso o cónxuxe viúvo e os herdeiros deben alcanzar un acordo para repartir os bens do matrimonio, e aqueles que se adxudiquen á persoa falecida serán posteriormente os que formen parte da herdanza, xunto con aqueles outros que lle pertencesen con carácter privativo.
3º.- CADERNO PARTICIONAL. ¿Qué é?
É preciso redactar un Caderno Particional co seguinte contido:
1º.- A liña sucesoria da persoa falecida. 
2º.- La formación de un Inventario cos bens que integran a herdanza e os seus respectivos valores, así como as débedas que houbese na mesma. 
3º.- Posteriormente reflectiríanse as adxudicacións aos herdeiros consonte o disposto no seu testamento.  
Este Caderno Particional elévase a público ante Notario e é esta escritura a que posteriormente lévase ao rexistro da propiedade a fin de ser inscritas as novas titularidades dos bens inmobles.  
Para o suposto de que os demais herdeiros non acudisen a notaríaa o día sinalado para outorgar a adxudicación de herdanza, opuxésense ás operacións particionais propostas, ou aos bens integrados no inventario, a controversia terá que dirimirse no Xulgado. 
Neste caso deixámosvos o enlace ó artigo que trata a División Xudicial da Herdanza aquí.
  
  
EVA ROSENDE CASTRO
eva.rosende.castro@icacor.es


Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: