Artigo 14 | Comentarios ilícitos en páxinas web, ¿Quen responde?
DESPACHO DE ABOGADOS, ABOGADOS, AVOGADOS, ABOGADAS, AVOGADAS, CONSULTA, DERECHO, PROCEDIMIENTO JUDICIAL, JUICIO, SEPARACIÓN, DIVORCIO, HERENCIA, ACCIDENTE DE TRÁFICO, DESPIDO, SEGUNDA OPORTNIDAD, CONCURSO DE ACREEDORES, GASTOS HIPOTECARIOS, CLÁUSULA SUELO, TARJETA DE CRÉDITO, COMUNIDADES DE VECINOS, SANCIÓN, INVESTIGACIÓN,
16020
post-template-default,single,single-post,postid-16020,single-format-standard,ajax_updown,page_not_loaded,, vertical_menu_transparency vertical_menu_transparency_on,qode-title-hidden,vss_responsive_adv,hide_top_bar_on_mobile_header,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.1.1,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Comentarios ilícitos en páxinas web, ¿Quen responde?

Alexandra Pereira, autora do blogue Lovely Pepa denuncia en Youtube a existencia dun foro en vogue.es no que se lle insulta desde hai máis de 8 anos. ¿Qué responsabilidade ten Vogue.es neste caso?

Para determinar a responsabilidade dos titulares dunha páxina web sobre os comentarios vertidos nela vulnerando o dereito á honra doutra persoa a clave está en probar se tiñan coñecemento sobre os mesmos.

Comentamos o seguinte exemplo dunha coñecida páxina web e moi similar o acontecido a Lovely Pepa.

Comentarios e opinións sobre un coñecido cantante vertidas na edición dixital do economista.com “ao comentar a noticia” os usuarios de facebook xubilarán virtualmente a Cebollero”, “este tío é un lercho e un mercenario”, “este sarnoso comerase as súas propias merdas, ou se a ese porco ou aos seus patéticos esbirros, o que verdadeiramente é un fascista, este tío é un indesexable, a ver se alguén se anima e o vota de España por apátrida, o mellor é darlle unha hostia e cando o vexas pola rúa, o problema deste consumidor de clínicas de estética, a súa obra musical e intelectual é unha merda, Cebollero paréceme unha pantasma putrefacto…”.

Establece a Lei de Servizos da Información que os titulares de páxinas web non serán responsables polos comentarios de terceiros usuarios sempre que non teñan coñecemento efectivo de que a actividade ou a información é ilícita ou lesiona bens ou dereitos dun terceiro susceptible de indemnización ou, se é que o teñen, actúen con dilixencia para retirar os datos ou facer imposible o acceso a eles.

Neste caso a persoa afectada polos comentarios requiriu á editorial para que retirase os comentarios ofensivos e inxuriosos da web, con todo non obtivo resposta.

Por este motivo o Tribunal Supremo estimou que economista.es, como titular da páxina web e creadora do foro de debate aberto, debeu extremar as precaucións e exercer un maior control sobre as opinións e comentarios aloxados, cuxas connotacións despectivas para o demandante non podían pasarlle inadvertidas.

A condena á web consistiu, ademáis de ordenar a retirada dos comentarios ilícitos, en abonar unha indemnización á persoa afectada de 10.000.-€.

EVA ROSENDE CASTRO
eva.rosende.castro@icacor.es


Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: