Artigo 14 | ¿Non vos poñedes de acordo na adxudicación da herdanza?
DESPACHO DE ABOGADOS, ABOGADOS, AVOGADOS, ABOGADAS, AVOGADAS, CONSULTA, DERECHO, PROCEDIMIENTO JUDICIAL, JUICIO, SEPARACIÓN, DIVORCIO, HERENCIA, ACCIDENTE DE TRÁFICO, DESPIDO, SEGUNDA OPORTNIDAD, CONCURSO DE ACREEDORES, GASTOS HIPOTECARIOS, CLÁUSULA SUELO, TARJETA DE CRÉDITO, COMUNIDADES DE VECINOS, SANCIÓN, INVESTIGACIÓN,
16068
post-template-default,single,single-post,postid-16068,single-format-standard,ajax_updown,page_not_loaded,, vertical_menu_transparency vertical_menu_transparency_on,qode-title-hidden,vss_responsive_adv,hide_top_bar_on_mobile_header,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.1.1,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

¿Non vos poñedes de acordo na adxudicación da herdanza?

Cando os coherdeiros dunha herdanza non conseguen chegar a un acordo sobre a adxudicación dos bens ou sobre os valores dos mesmos, calquera coherdeiro poderá reclamar xudicialmente a división da herdanza mediante a presentación de demanda no Xulgado competente, sempre subscrita por avogado e procurador.

O Xulgado iniciará os trámites para designar a un contador partidor que será o encargado de confeccionar un inventario cos bens que integran a herdanza, avalialos economicamente e propoñer a súa adxudicación aos herdeiros. O informe do contador partidor deberá presentarse no prazo de dous meses desde a súa designación.
Destas operacións dáse traslado aos herdeiros a fin de que manifesten o seu acordo ou a súa oposición ás mesmas.
En caso de acordo o Secretario Xudicial entregará a cada herdeiro os bens que lle foran adxudicados, en caso contrario citarase de novo aos herdeiros a unha vista e rematará o procedemento por Sentenza que conteña as adxudicacións.
En calquera estado do xuízo poderán os solicitados separarse do seu seguimento e adoptar os acordos que estimen convenientes. Cando o solicitaren de común acordo, deberá o Secretario xudicial sobreser o xuízo e poñer os bens ao dispor dos herdeiros.
EVA ROSENDE CASTRO
eva.rosende.castro@icacor.es


Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: