Artigo 14 | O matrimonio en Sociedade de Gananciais, ¿coñeces as consecuencias?
DESPACHO DE ABOGADOS, ABOGADOS, AVOGADOS, ABOGADAS, AVOGADAS, CONSULTA, DERECHO, PROCEDIMIENTO JUDICIAL, JUICIO, SEPARACIÓN, DIVORCIO, HERENCIA, ACCIDENTE DE TRÁFICO, DESPIDO, SEGUNDA OPORTNIDAD, CONCURSO DE ACREEDORES, GASTOS HIPOTECARIOS, CLÁUSULA SUELO, TARJETA DE CRÉDITO, COMUNIDADES DE VECINOS, SANCIÓN, INVESTIGACIÓN,
15910
post-template-default,single,single-post,postid-15910,single-format-standard,ajax_updown,page_not_loaded,, vertical_menu_transparency vertical_menu_transparency_on,qode-title-hidden,vss_responsive_adv,hide_top_bar_on_mobile_header,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.1.1,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

O matrimonio en Sociedade de Gananciais, ¿coñeces as consecuencias?

Contraer matrimonio non é só unha declaración de amor, se non que ten consecuencias xurídicas importantes, é realmente un contrato do que se derivan dereitos e obrigas para aqueles que o contraen.

Pero, ¿sabemos que consecuencias ten para o noso patrimonio casarnos en réxime de Sociedade de Gananciales?

O réxime económico do matrimonio será o que os cónxuxes estipulen en capitulacións matrimoniais, e a falta destas, o réxime será o da sociedade de gananciales. Establece a norma que “Mediante a sociedade de gananciales fanse comúns para o marido e a muller as ganancias ou beneficios obtidos indistintamente por calquera deles, que lle serán atribuídos por metade ao disolverse aquela”. É dicir, que todo é dos dous, e en caso de divorcio repártese a medias. Pero esta regra ten excepcións:

É importante que distingamos que bens son privativos de cada un e que por tanto seguirán séndoo aínda despois do matrimonio, daqueles que serán dos dous e que haberá que repartirse se se produce o divorcio. Bens privativos de cada un son:

1º Os bens e dereitos que lle pertencesen ao comezar a sociedade.
2º Os que adquira despois por título gratuíto.
3º Os adquiridos a costa ou en substitución de bens privativos.
4º Os adquiridos por dereito de retracto pertencente a un só dos cónxuxes.
5º Os bens e dereitos patrimoniais inherentes á persoa e os non transmisibles inter vivos.
6º O resarcimiento por danos inferidos á persoa dun dos cónxuxes ou aos seus bens privativos.
7º As roupas e obxectos de uso persoal que non sexan de extraordinario valor.
8º Os instrumentos necesarios para o exercicio da profesión ou oficio.
Son bens gananciales e por tanto pertencen a ambos os cónxuxes:
1º Os obtidos polo traballo ou a industria de calquera dos cónxuxes.
2º Os froitos, rendas ou intereses que produzan tanto os bens privativos como os gananciales.
3º Os adquiridos a título oneroso á conta do caudal común, ben se faga a adquisición para a comunidade, ben para un só dos esposos.
4º As Empresas e establecementos fundados durante a vixencia da sociedade por un calquera dos cónxuxes a expensas dos bens comúns.

Fixádevos que as empresas fundadas durante a vixencia do matrimonio presúmense de carácter ganancial, ou no caso de constituír unha Sociedade Limitada, as accións que compoñan o Capital Social das que sexa titular un dos cónxuxes, serán de carácter ganancial tamén. Para que a empresa ou establecemento teña carácter ganancial non é suficiente con que fose fundada vixente a sociedade de gananciales, senón que tamén terá que selo a expensas de bens comúns, é dicir, que o capital fundacional sexa ganancial. Iso ten efectos importantes en caso de divorcio quen queda a empresa? como se liquida? todo iso o comentae no meu próximo artigo.

Se vos plantexades contraer matrimonio, non dubidedes en consultarnos.

 

EVA ROSENDE CASTRO
eva.rosende.castro@icacor.es


Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: