{"id":20792,"date":"2026-03-20T13:06:55","date_gmt":"2026-03-20T12:06:55","guid":{"rendered":"https:\/\/artigo14.es\/servicios\/descuberto-en-conta-corrente\/"},"modified":"2026-10-14T08:18:41","modified_gmt":"2026-10-14T06:18:41","slug":"descuberto-en-conta-corrente","status":"publish","type":"servicios","link":"https:\/\/artigo14.es\/gl\/servizos\/reclamacions-bancarias-tarxetas-revolving\/descuberto-en-conta-corrente\/","title":{"rendered":"Descuberto en conta corrente"},"content":{"rendered":"\n<h2 class=\"wp-block-heading\">En que consiste o descuberto en conta?<\/h2>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A regulaci\u00f3n concreta desta figura de \u00abdescuberto t\u00e1cito\u00bb rec\u00f3llese no artigo 20 da Lei 16\/2011, de contratos de cr\u00e9dito ao consumo, do que resulta:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00ab(i) que entre a informaci\u00f3n que a entidade prestamista debe proporcionar \u00e1 persoa consumidora \u2014no caso de descuberto t\u00e1cito importante\u2014 figura a relativa \u00e1s posibles penalizaci\u00f3ns, gastos ou xuros de demora aplicables (art. 20.3.d);<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">(ii) que en ning\u00fan caso poder\u00e1 aplicarse aos cr\u00e9ditos concedidos en forma de descuberto aos que se refire este artigo un tipo de xuro que dea lugar a unha taxa anual equivalente superior a 2,5 veces o xuro legal do di\u00f1eiro\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A memoria do servizo de reclamaci\u00f3ns do Banco de Espa\u00f1a sinala que o descuberto en conta corrente sup\u00f3n, na pr\u00e1ctica bancaria, unha <strong>\u00abfacilidade crediticia concedida polas entidades para permitir que se atendan pagamentos autorizados contra as contas da s\u00faa clientela por riba dos saldos contables destas\u00bb.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por iso, <strong>a operaci\u00f3n consistente en efectuar cargos nunha conta con saldo insuficiente sup\u00f3n unha operaci\u00f3n de cr\u00e9dito, xa que implica conceder cr\u00e9dito pola cont\u00eda necesaria para efectuar o cargo correspondente.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Este servizo bancario tam\u00e9n foi reco\u00f1ecido normativamente na Lei 16\/2011, do 24 de xu\u00f1o, de contratos de cr\u00e9dito ao consumo, no seu artigo 4.1. Tr\u00e1tase dunha comisi\u00f3n distinta da comisi\u00f3n por reclamaci\u00f3n de posici\u00f3ns debedoras (STS 566\/2019, do 25 de outubro), pois cada unha remunera servizos diferentes.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Cando poden as entidades bancarias cobrar comisi\u00f3n por descuberto?<\/h2>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para que as entidades poidan cobrar comisi\u00f3ns \u00e1 s\u00faa clientela deben cumprirse dous requisitos:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">1.- Que remuneren un servizo real prestado \u00e1 clientela e,<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">2.- Que os gastos do servizo se realizasen efectivamente.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Baixo estas d\u00faas premisas, as entidades bancarias non poden cobrar por servizos que non fosen solicitados ou aceptados expresamente e deber\u00e1n informar persoalmente e con antelaci\u00f3n do importe que se ter\u00e1 que pagar por ese servizo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A improcedencia das comisi\u00f3ns por descuberto debe declararse cando a entidade financeira non xustifique que estas obedecesen a un servizo ou prestaci\u00f3n real.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">\u00c9 abusivo o cobramento simult\u00e1neo de xuro de demora e comisi\u00f3n de descuberto<\/h2>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Debe distinguirse necesariamente entre os xuros de demora e a comisi\u00f3n de descuberto, xa que responden a caracter\u00edsticas e finalidades diferentes.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Mentres a comisi\u00f3n de descuberto ten como finalidade remunerar un servizo que se presta \u00e1 clientela e que, na pr\u00e1ctica, sup\u00f3n unha nova concesi\u00f3n de cr\u00e9dito, os xuros de demora te\u00f1en unha finalidade indemnizatoria polos danos e prexu\u00edzos causados pola morosidade ou incumprimento da obriga de pagamento, conforme aos artigos 1.101 e 1.108 do C\u00f3digo civil.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Partindo do <strong>criterio xeral que prohibe someter un mesmo servizo a un dobre gravame retributivo<\/strong>, redundante por carecer dunha dobre contraprestaci\u00f3n correlativa, concl\u00faese a imposibilidade legal de duplicar ou solapar o gravame das mesmas cantidades e polos mesmos per\u00edodos mediante a aplicaci\u00f3n simult\u00e1nea de xuros de demora e comisi\u00f3n de descuberto.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Neste sentido, as cantidades nas que se concreta a nova concesi\u00f3n de cr\u00e9dito propia do descuberto t\u00e1cito en conta <strong>non poden xerar, durante o per\u00edodo no que xa estean sometidas \u00e1 s\u00faa remuneraci\u00f3n mediante liquidaci\u00f3ns peri\u00f3dicas de comisi\u00f3ns de descuberto, a devindicaci\u00f3n de xuros moratorios<\/strong>, pois, como sinala a STS do 15 de xullo de 2020, a comisi\u00f3n non remunera a simple morosidade e non pode resultar redundante cos xuros de demora.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En que consiste o descuberto en conta? A regulaci\u00f3n concreta desta figura de \u00abdescuberto t\u00e1cito\u00bb rec\u00f3llese no artigo 20 da Lei 16\/2011, de contratos de cr\u00e9dito ao consumo, do que resulta: \u00ab(i) que entre a informaci\u00f3n que a entidade prestamista debe proporcionar \u00e1 persoa consumidora \u2014no caso de descuberto t\u00e1cito importante\u2014 figura a relativa \u00e1s [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"featured_media":675,"parent":0,"menu_order":0,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"_links_to":"","_links_to_target":""},"cat_servicios":[469],"class_list":["post-20792","servicios","type-servicios","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","cat_servicios-reclamacions-bancarias-tarxetas-revolving"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/artigo14.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/servicios\/20792","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/artigo14.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/servicios"}],"about":[{"href":"https:\/\/artigo14.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/servicios"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/artigo14.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/675"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/artigo14.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=20792"}],"wp:term":[{"taxonomy":"cat_servicios","embeddable":true,"href":"https:\/\/artigo14.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/cat_servicios?post=20792"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}