AVISO LEGAL
ARTIGO 14, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA é o responsable do presente sitio web, en diante tamén “o Responsable”, quen pon ao dispor dos/as usuarios/as o presente documento para dar cumprimento ás obrigas dispostas na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico ( LSSICE), BOE N º 166, así como informar a todos/as os/as usuarios/as do sitio web respecto a cales son as condicións de uso do mesmo.
O presente documento ten por obxecto regular as condicións xerais polas que se rexe toda persoa que acceda ao sitio web, a cal terá a consideración de usuario/a, comprometéndose á observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí contidas, así como a calquera outra disposición legal que fose de aplicación. Xa que logo, debe ler atentamente tanto estas condicións como as que regulan as distintas páxinas ou apartados, así como a política de privacidade e a política de cookies, e acepta o sometemento ás mesmas cada vez que acceda.
En caso de non estar de acordo calquera das condicións aquí establecidas non deberá facer uso do mesmo.
ARTIGO 14, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA resérvase o dereito de modificar calquera tipo de información que puidese aparecer no sitio web, sen que exista obrigación de preavisar ou poñer en coñecemento dos usuarios ditas obrigacións, entendéndose como suficiente coa publicación no sitio web de ARTIGO 14, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA.
1. DATOS IDENTIFICATIVOS
Nome de dominio: www.artigo14.es
Nome comercial: ARTIGO 14
2. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
Os sitios web, incluíndo a título enunciativo pero non limitativo a súa programación, edición, compilación e demais elementos necesarios para o seu funcionamento, os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos, son propiedade de ARTIGO 14, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA ou, se é o caso, dispón de licenza ou autorización expresa por parte dos autores. Todos os contidos do sitio web atópanse debidamente protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial, así como inscritos nos rexistros públicos correspondentes.
Independentemente da finalidade para a que fosen destinados, a reprodución total ou parcial, uso, explotación, distribución e comercialización, require en todo caso da autorización escrita previa por parte da titular web. Calquera uso non autorizado previamente considérase un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do autor.
Os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos alleos ao responsable e que puidesen aparecer no sitio web pertencen aos seus respectivos propietarios, sendo eles mesmos responsables de calquera posible controversia que puidese suscitarse respecto a os mesmos. ARTIGO 14, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA autoriza expresamente a que terceiros poidan redirixir directamente aos contidos concreto do sitio web, e en todo caso redirixir ao sitio web principal de www.artigo14.es
O titular do sitio web recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial, non implicando a súa soa mención ou aparición no sitio web a existencia de dereitos ou responsabilidade algunha sobre os mesmos, como tampouco respaldo, patrocinio ou recomendación por parte do mesmo.
Para realizar calquera tipo de observación respecto a posibles incumprimentos dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como sobre calquera dos contidos do sitio web, pode facelo a través do correo electrónico info@artigo14.es
Política de protección de datos
Para máis información sobre a política de privacidade que rexe esta páxina web acceda á ligazón Política de privacidade.
3. EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADES
ARTIGO 14, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA. non asume responsabilidade algunha derivada da información publicada no seu sitio web sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo. En todo caso a información que se contén, procedente de fontes propias ou de terceiros, non constitúe a prestación dun servizo profesional nin é unha fonte de asesoramento. Deste xeito, ARTIGO 14, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA non garante a inexistencia de erros no acceso ao sitio web ou no seu contido, nin que este se atope actualizado, aínda que empregará todas as medidas que estean ao seu alcance para evitalos ou emendalos.
Ademais, o responsable conta cunha activa participación nas redes sociais, publicando e poñendo ao dispor dos usuarios noticias, eventos e comentarios accesibles ao público en xeral pero non se fai responsable da información e contidos publicados en chats, foros, blogues, redes sociais ou calquera outro medio que permita aos usuarios publicar contidos de forma independente no sitio web ou espazos titularidade de ARTIGO 14, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA
Uso de Cookies
Para máis información sobre a política de cookies que rexe nestas páxinas web acceda á ligazón Política de cookies.
Política de ligazóns
Desde www.artigo14.es, é posible que se redirixa a contidos de terceiros sitios web. Dado que o titular da páxina non pode controlar sempre os contidos introducidos polos terceiros nos seus respectivos sitios web, non asume ningún tipo de responsabilidade respecto a estes contidos. En todo caso, procederá á retirada inmediata de calquera contido que puidese vulnerar a lexislación nacional ou internacional, a moral ou a orde pública, procedendo á retirada inmediata da redirección ao devandito sitio web, poñendo en coñecemento das autoridades competentes o contido en cuestión.
ARTIGO 14, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA non se fai responsable da información e contidos almacenados, a título enunciativo pero non limitativo, en foros, chats, xeradores de blogues, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente na páxina web do Responsable. Con todo, e en cumprimento do disposto nos artigos 11 e 16 da LSSICE, ponse a disposición de todos os usuarios, autoridades e forzas de seguridade, colaborando de forma activa na retirada ou, no seu caso, bloqueo de todos aqueles contidos que poidan afectar ou contravir a lexislación nacional ou internacional, os dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública. No caso de que o usuario considere que existe no sitio web algún contido que puidese ser susceptible desta clasificación, rógase notifíqueo de forma inmediata ao administrador do mesmo.
Este sitio web foi revisado e probado para que funcione correctamente, con todo non podemos descartar a posibilidade de que existan certos erros de programación, ou que acontezan causas de forza maior, catástrofes naturais, folgas ou circunstancias semellantes que fagan imposible o acceso á páxina web. En todo caso, ARTIGO 14, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA procura que os/as usuarios/usuarias teñan o acceso continuado ao sitio web, pero en ningún caso o garante, do mesmo xeito que a correcta visualización, descarga ou utilidade dos elementos e información contidos no noso sitio web, que poden verse impedidos, dificultados ou interrompidos por factores ou circunstancias fóra do seu control.
Direccións IP
Os servidores do sitio web poderán detectar de maneira automática a dirección IP e o nome de dominio utilizados polo usuario. Unha dirección IP é un número asignado automaticamente a un computador cando este se conecta a Internet. Toda esta información é rexistrada nun ficheiro de actividade do servidor debidamente inscrito que permite o posterior procesamento dos datos coa finalidade de obter medicións unicamente estatísticas que permitan coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos servidores web, a orde de visitas, o punto de acceso, etc.
4. LEI APLICABLE E XURISDICIÓN
Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co sitio web ou das actividades nel desenvolvidas, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.