¿No os ponéis de acuerdo en la adjudicación de la herencia?

Cando as pessoas coherdeiras dunha herdanza non conseguen chegar a un acordo sobre a adxudicación dos bens ou sobre os valores dos mesmos, calquera pessoa coherdeira poderá reclamar xudicialmente a división da herdanza mediante a presentación de demanda no Xulgado competente.

O Xulgado iniciará os trámites para designar a unha pessoa contadora partidora que será a encargada de confeccionar un inventario cos bens que integran a herdanza, avalialos economicamente e propoñer a súa adxudicación as persoas herdeiras. O informe da contadora partidora deberá presentarse no prazo de dous meses desde a súa designación.

Destas operacións dáse traslado as herdeiras a fin de que manifesten o seu acordo ou a súa oposición ás mesmas.

En caso de acordo o Xulgado entregará a cada herdeira os bens que lle foran adxudicados, en caso contrario citarase de novo as herdeiras a unha vista e rematará o procedemento por Sentenza que conteña as adxudicacións.

En calquera estado do xuízo poderán as herdeiras separarse do seu seguimento e adoptar os acordos que estimen convenientes. Cando o solicitaren de común acordo, deberá o órgano xudicial sobreser o xuízo e poñer os bens ao dispor das herdeiras.