¿QUÉ GASTOS HIPOTECARIOS TIENE QUE DEVOLVERTE LA ENTIDAD FINANCIERA?

¿Qué gastos hipotecarios poden reclamarse?

En créditos con garantía hipotecaria suscritos antes do 16/06/2019, os gastos distribuénse do seguinte modo:

Arancel Notarial 

As escrituras de outorgamento e modificación do préstamo serán abonadas por metade, mentres que a de cancelación da hipoteca correrá a cargo da persoaprestataria. As respectivas copias, das distintas escrituras notariais relacionadas co préstamo hipotecario deberá abonalas quen as solicite, en tanto que a solicitude determina o seu interese.

Arancel do Rexistro da Propiedade 

A garantía hipotecaria inscríbese a favor do banco prestamista, polo que é a este a quen corresponde o pago dos gastos que ocasione a inscrición da hipotecano Rexistro da Propiedade. En cambio, a inscrición da escritura de cancelación interesa á persoa prestataria, polo que á mesma lle corresponde este gasto.

Este importe é totalmente recuperado pola clientela bancaria tras un proccedemento xudicial.

Gastos de xestoría 

Imponse o pago por metade dos gastos derivados da xestoría.

Respecto de este gasto, a clientela bancaria recupera o 50%.

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados 

A firma dunha hipoteca implica o pago doImposto de Actos Xurídicos Documentados.

O suxeito pasivo deste imposto é a persoa consumidora segundo o declarado polas Sentenzas do Pleno da Sala Terceira do Tribunal Supremo 1669/2018, 1670/2018 e 1671/2018, do 27 de novembro, despois de numerosos cambios xurisprudenciais.

Este tema xerou tanta polémica que determinou que pouco tempo despois o Goberno decretara que, a partir do 8 de novembro de 2018, o Imposto de Actos Xurídicos Documentados debería ser abonado pola entidade financeira, pero sen efectos retroactivos. En conclusión, este imposto soamente se pode reclamar se se asinou o crédito con garantía hipotecaria con posterioridade ao 8 de novembro de 2018.

Para mais información contacta con info@artigo14.es e no Tlfn 981.075.538.