O Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19, establece no seu artigo 17 a “ Prestación extraordinaria por cesamento de actividade para os afectados por declaración do estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19”.
- Duración:
- 14 de abril de 2020 ou,
- Ata o último día do mes en que finalice o estado de alarma.
- Persoas beneficiarias:
- Persoas traballadoras por conta propia cando as súas actividades queden suspendidas pola declaración do estado de alarma (establecementos comerciais minoristas, actividades de hostalería, restauración, etc).
- Persoas traballadoras por conta propia cando a súa facturación no mes anterior ao que se solicita a prestación véxase reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media de facturación do semestre anterior.
- As persoas socias traballadoras das cooperativas de traballo asociado que optasen polo seu encadramento como traballadoras por conta propia.
- Requisitos:
- Estar en alta a 14 de marzo de 2020 no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia.
- Persoas traballadoras por conta propia con actividade non suspendida:
– Acreditar a redución da súa facturación en, polo menos, un 75 por cento, en relación coa efectuada no semestre anterior.
- Actividades artísticas e artes escénicas.
– Acreditar a redución da súa facturación en, polo menos, un 75 por cento, en relación coa efectuada coa efectuada nos 12 meses anteriores.
- Producións agrarias de carácter estacional.
– Acreditar que a súa facturación media nos meses de campaña de produción anteriores ao que se solicita a prestación véxase reducida, polo menos, nun 75 por cento en relación cos mesmos meses da campaña do ano anterior.
- Estar ao corrente no pago das cotas á Seguridade Social.
– Excepción:
Se na data da suspensión da actividade ou da redución da facturación non se estivese ao corrente no pago das cotas á Seguridade Social, poderá abonarse a débeda no prazo improrrogable de 31 días naturais.
A regularización do descuberto producirá plenos efectos para a adquisición do dereito á protección.
- Contía:
- A contía da prestación, durante todo o seu período de goce, determinarase aplicando á base reguladora o 70 por cento.
- A base reguladora da prestación económica por cese de actividade será a media das bases polas que se cotizara durante os doce meses inmediatamente anteriores á situación legal de cesamento.
- Cando non se acredite o período mínimo de cotización para ter dereito á prestación, a contía da prestación será equivalente ao 70% da base mínima de cotización no RETA ou RETM.
- Efectos na cotización:
O tempo da súa percepción entenderase como cotizado (exención pago cuota) e non reducirá os períodos de prestación por cesamento de actividade aos que o beneficiario poida ter dereito no futuro.
- Incompatibilidade:
A percepción será incompatible con calquera outra prestación do sistema de Seguridade Social.
- Prazo de solicitude:
Ata o último día do mes seguinte ao que se produciu a finalización do estado de alarma.
- Documentación:
- Información contable: libro de rexistro de facturas emitidas e recibidas, libro diario de ingresos e gastos, libro rexistro de vendas e ingresos, libro de compras e gastos.
- Persoas non obrigadas a levar os libros: calquera medio de proba admitido en dereito: documentos públicos ou privados, periciais, ou interrogatorio de testemuñas.
- Declaración xurada na que se faga constar que se cumpran todos os requisitos esixidos para causar dereito a esta prestación.