¿Son anónimas las denuncias ante la Inspección de Trabajo?

As denuncias ante a Inspección de Traballo pódense formular, non só polo traballador afectado, senón por calquera persoa que teña coñecemento de feitos que podan supoñer algunha infracción no orde social, de tres maneiras diferentes: presencialmente, nas oficinas das Inspeccións provinciais, de maneira telemática se se dispón de DNIe ou certificado dixitalo por correo, adxuntando copia compulsada do DNI do denunciante. Neste sentido, debemos salientar que non se admiten as denuncias por mail dirixidas ao correo electrónico da Inspección.

¿Que debe constar na denuncia? ¿Cal é o seu contido mínimo?

– Datos identificativos do denunciante

– Feitos que poden supoñer infracción, así como a data ou período no que tiveron lugar.

– Identificación da persoa/empresa presuntamente responsable.

Como vemos, dentro do contido mínimo está o deber de aportar nome, apelidos, DNI, etc. da persoa denunciante, polo que en ningún caso as denuncias ante a Inspección poden ser anónimas. Neste sentido, aínda que normalmente se pense o contrario, tanto o artigo 20 da Lei 23/2015 como o artigo 9.2 do Real Decreto 928/1998 establecen que “Non se tramitarán as denuncias anónimas nin as que teñan defectos ou insuficiencias de identificación”.

Pero entón ¿Vai saber a empresa que traballador a denunciou ante a Inspección? NON. O artigo 10 da Lei 23/2015 impón aos funcionarios da Inspección un deber de confidencialidade respecto de calqueira queixa ou denuncia da que coñezan no ámbito da función inspectora.

Neste mesmo sentido se expresa o Convenio 81 da Organización Internacional do Traballo, de 1947, ratificado por España en 1961 e que se atopa en vigor, que no seu artigo 15 dispón que “Os inspectores de traballo deberán considerar absolutamente confidencial a orixe de calquera queixa que lles dea a coñecer un defecto ou infracción das disposicións legais, e non manifestarán ao empregador ou ao seu representante que a visita de inspección se efectuou por recibirse dita queixa”.

Polo tanto, a empresa denunciada non vai saber se as actuacións inspectoras e un eventual procedemento sancionador se iniciaron de oficio ou a instancia dun dos traballadores.

En todo caso, o traballador estaría protexido fronte a empresa en virtude da garantía de indemnidade, que implica que este non pode ser obxecto de represalias por parte da empresa por ter exercido accións ou reclamacións fronte á mesma, sendo nula calquera decisión empresarial neste sentido.