El tratamento fiscal de las cláusulas suelo

A Disposición final primeira do RDL 1/2017, de medidas urxentes de protección de consumidores en materia de cláusulas chan modifica a Disposición Adicional 45ª da Lei 35/2006 do IRPF do seguinte xeito: “Non se integrará na base impoñible deste Imposto a devolución derivada de acordos celebrados con entidades financeiras, en efectivo ou a través doutras medidas de compensación, xunto cos seus correspondentes intereses indemnizatorios, das cantidades previamente satisfeitas a aquelas en concepto de intereses pola aplicación de cláusulas de limitación de tipos de interese de préstamos”.

En consecuencia, tanto as cantidades devoltas en concepto de intereses de préstamos como os intereses indemnizatorios correspondentes, non se deben incluír na declaración do IRPF.

Non obstante, si se deberán regularizar as seguintes devolucións:

A) Que os intereses devoltos formasen parte da dedución por inversión en vivenda habitual. Nestes casos, deberanse incluír as cantidades deducidas na declaración do IRPF do exercicio na que se produza o acordo co banco pero sen engadir os intereses de demora. Por exemplo, se se está nesta situación e se chega a un acordo co banco en 2017 (ou se acude á vía xudicial e a sentenza recae en 2017), esta situación deberá regularizarse na declaración do IRPF de 2017, que se presenta en 2018. Este axuste realízase completando as casillas 524 e 526 da declaración, pero non as 525 e 527, destinadas aos intereses de demora.

B) Que os intereses devoltos se deducisen como gastos financeiros en anos anteriores, sempre e cando non estean prescritos (4 anos). Neste caso, deberase presentar as declaracións complementarias correspondentes a cada ano no que se deducisen eses gastos, eliminándoos. Por exemplo, se se deduciron gastos no ano 2014, deberase facer unha declaración complementaria da declaración do ano 2014 eliminando eses gastos. Se se deduciron gastos no ano 2011 non habería que facer declaración complementaria xa que estaría prescrito.

Pola súa parte, se se opta por destinar as cantidades obxecto de devolución a minorar a débeda hipotecaria en lugar de cobralas en efectivo, non será necesario regularizar as deducións, pero tampouco se terá dereito a aplicar as novas deducións por ese importe.