O INCUMPRIMENTO OU A RESISTENCIA ÁS ORDES DAS AUTORIDADES COMPETENTES NO ESTADO DE ALARMA PODERÁ SER OBXECTO DE SANCIÓN PECUNIARIA QUE EN FUNCIÓN DA GRAVIDADE OSCILARÁ ENTRE 100 E 600.000 EUROS
Existen numerosas normas que establecen sancións nesta orde, neste artigo incluímos as contempladas na «Lei mordaza» que consideramos serán máis relevantes durante a vixencia do estado de alarma.
O Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma establece no seu artigo 7 a «Limitación da liberdade de circulación das persoas: Durante a vixencia do estado de alarma as persoas unicamente poderán circular polas vías de uso público para a realización das seguintes actividades:
a) Adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade.
b) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
c) Desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a súa prestación laboral, profesional ou empresarial.
d) Retorno ao lugar de residencia habitual.
e) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros.
g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
h) Calquera outra actividade de análoga natureza que haberá de facerse individualmente, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade ou por outra causa xustificada.
¿Qué conductas son sancionables?
No caso de que estemos na vía pública e a causa non atenda a ningunha das anteriores, as forzas e corpos de seguridade do Estado poderán impor sancións pecuniarias.
Lei Orgánica 4/2015, do 30 de marzo, de protección da seguridade cidadá (lei mordaza).
Serán infraccións:
- Os actos de obstrución que pretendan impedir a calquera autoridade o exercicio lexítimo das súas funcións, o cumprimento ou a execución de acordos ou resolucións administrativas ou xudiciais, sempre que non sexan constitutivos de delito.
- As accións e omisións que impidan ou obstaculicen o funcionamento dos servizos de emerxencia, provocando ou incrementando un risco para a vida ou integridade das persoas ou de danos nos bens, ou agravando as consecuencias do suceso que motive a actuación daqueles.
- A desobediencia ou a resistencia á autoridade ou aos seus axentes no exercicio das súas funcións, cando non sexan constitutivas de delito.
- As faltas de respecto e consideración cuxo destinatario sexa un membro das Forzas e Corpos de Seguridade no exercicio das súas funcións de protección da seguridade, cando estas condutas non sexan constitutivas de infracción penal.
- As infraccións moi graves sancionaranse con multa de 30.001 a 600.000 euros
- As infraccións graves sancionaranse con multa de 601 a 30.000 euros.
- As infraccións leves sancionaranse con multa de 100 a 600 euros.