Co falecemento dunha persoa ábrese a súa sucesión, é dicir, os seus bens e as súas débedas pasan a formar parte da súa herdanza, e é preciso adxudicar estes aos herdeiros. Cando existe acordo entre todos os herdeiros este procedemento é sinxelo, vexamos como.
1º.- DECLARACIÓN DE HERDEIROS.¿Cándo se outorga? No caso de falecementos sen haber outorgado testamento é preciso comparecer nunha Notaría e solicitar una Declaración de Herdeiros na que un Notario dará fe de qué persoas son herdeiros da persoa falecida.
Para os casos de que exista testamento non fará falta o trámite anterior xa que no propio Testamento veñen recollidas as persoas que suceden á causante.
2º.- LIQUIDACIÓN DA SOCIEDADE DE GANANCIAIS CO CÓNXUXE VIÚVO. Nos casos nos que a persoa falecida estivera casada en réxime de sociedade de gananciais é preciso, con carácter previo a adxudicar a súa herdanza, determinar qué bens forman parte desta. Por iso o cónxuxe viúvo e os herdeiros deben alcanzar un acordo para repartir os bens do matrimonio, e aqueles que se adxudiquen á persoa falecida serán posteriormente os que formen parte da herdanza, xunto con aqueles outros que lle pertencesen con carácter privativo.
3º.- CADERNO PARTICIONAL. ¿Qué é?
É preciso redactar un Caderno Particional co seguinte contido:
1º.- A liña sucesoria da persoa falecida.
2º.- La formación de un Inventario cos bens que integran a herdanza e os seus respectivos valores, así como as débedas que houbese na mesma.
3º.- Posteriormente reflectiríanse as adxudicacións aos herdeiros consonte o disposto no seu testamento.
Este Caderno Particional elévase a público ante Notario e é esta escritura a que posteriormente lévase ao rexistro da propiedade a fin de ser inscritas as novas titularidades dos bens inmobles.
Para o suposto de que os demais herdeiros non acudisen a notaríaa o día sinalado para outorgar a adxudicación de herdanza, opuxésense ás operacións particionais propostas, ou aos bens integrados no inventario, a controversia terá que dirimirse no Xulgado.
Neste caso deixámosvos o enlace ó artigo que trata a División Xudicial da Herdanza aquí.