¿Non vos poñedes de acordo na adxudicación da herdanza? | Artigo 14
DESPACHO DE ABOGADOS, ABOGADOS, AVOGADOS, ABOGADAS, AVOGADAS, CONSULTA, DERECHO, PROCEDIMIENTO JUDICIAL, JUICIO, SEPARACIÓN, DIVORCIO, HERENCIA, ACCIDENTE DE TRÁFICO, DESPIDO, SEGUNDA OPORTNIDAD, CONCURSO DE ACREEDORES, GASTOS HIPOTECARIOS, CLÁUSULA SUELO, TARJETA DE CRÉDITO, COMUNIDADES DE VECINOS, SANCIÓN, INVESTIGACIÓN,
16068
post-template-default,single,single-post,postid-16068,single-format-standard,ajax_updown,page_not_loaded,, vertical_menu_transparency vertical_menu_transparency_on,vss_responsive_adv,vss_width_768,hide_top_bar_on_mobile_header,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-17.2,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-5.6,vc_responsive

¿Non vos poñedes de acordo na adxudicación da herdanza?

¿Non vos poñedes de acordo na adxudicación da herdanza?

Cando as pessoas coherdeiras dunha herdanza non conseguen chegar a un acordo sobre a adxudicación dos bens ou sobre os valores dos mesmos, calquera pessoa coherdeira poderá reclamar xudicialmente a división da herdanza mediante a presentación de demanda no Xulgado competente.

O Xulgado iniciará os trámites para designar a unha pessoa contadora partidora que será a encargada de confeccionar un inventario cos bens que integran a herdanza, avalialos economicamente e propoñer a súa adxudicación as persoas herdeiras. O informe da contadora partidora deberá presentarse no prazo de dous meses desde a súa designación.
Destas operacións dáse traslado as herdeiras a fin de que manifesten o seu acordo ou a súa oposición ás mesmas.
En caso de acordo o Xulgado entregará a cada herdeira os bens que lle foran adxudicados, en caso contrario citarase de novo as herdeiras a unha vista e rematará o procedemento por Sentenza que conteña as adxudicacións.
En calquera estado do xuízo poderán as herdeiras separarse do seu seguimento e adoptar os acordos que estimen convenientes. Cando o solicitaren de común acordo, deberá o órgano xudicial sobreser o xuízo e poñer os bens ao dispor das herdeiras.
EVA ROSENDE CASTRO
eva.rosende.castro@icacor.es


Este sitio web utiliza cookies para que teña mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Aquí tamén tes dispoñible nosos avisos legais e nosa política de privacidade

ACEPTAR
Aviso de cookies