CANCELACIÓN DE VUELO DURANTE EL ESTADO DE ALARMA.

En caso de cancelación de voo a compañía ven obrigada a reembolsar o precio do billete.

O Regulamento (CE) nº 261/2004 do Parlamento Europeo e do Consello sobre compensación e asistencia aos pasaxeiros aéreos establece as consecuencias para o caso de cancelación de voos. 

En caso de cancelación dun voo a empresa transportista aérea encargada de efectuar o voo ofrecerá o reembolso en sete días do custo íntegro do billete no prezo ao que se comprou, correspondente á parte ou partes da viaxe non efectuadas e á parte ou partes da viaxe efectuadas, se o voo xa non ten razón de ser en relación co plan de viaxe inicial do pasaxeiro. 

Este reembolso abonarase en metálico, por transferencia bancaria electrónica, transferencia bancaria, cheque ou, previo acordo asinado polo pasaxeiro, bonos de viaxe ou outros servizos. 

Podes descargar o modelo de reclamación á compañía aérea aquí:      Galego     Castelán