Consentimento para el tratamento de datos personales con nuevo Regulamiento

Como seguro escoitariades, o pasado venres 25 de maio produciuse a entrada en vigor do novo Regulamento Xeral de Protección de Datos. Unha das novidades máis importantes desta  normativa é o cambio dos requisitos esixidos respecto ao consentimento que un interesado debe dar a un responsable para autorizar o tratamento dos seus datos de carácter persoal.

O consentimento debe ser libre, informado, específico e inequívoco e require para a súa validez unha declaración positiva do interesado que indique a súa conformidade co tratamento, o que descarta o consentimento tácito que si tiña cabida na LOPD. Neste sentido, o Responsable deberá ser capaz de demostrar que o interesado consentiu o tratamento dos seus datos persoais.

Como consecuencia de todo o anterior dicimos adeus a algunhas prácticas habituais como os recuadros xa marcados por defecto tan típicos nos formularios das páxinas web.

Por suposto, o interesado terá dereito a retirar o seu consentimento en calquera momento, sendo este un dos  dereitos que o asisten e dos cales deberá ser informado polo responsable.

Deja un comentario