A vía notarial é a máis rápida para obter o divorcio, xa que unha vez redactado o convenio regulador bastará a súa ratificación ante autoridade notarial para extinguir o vínculo matrimonial.
Os cónxuxes, cando non tiveren fillos que dependan deles, poderán acordar a súa separación matrimonial ou divorcio de mutuo acordo, mediante a formulación dun convenio regulador en escritura pública ante Autoridade Notarial.
O convenio regulador será redactado por letrada en exercicio da profesión. O contido mínimo do convenio será
1.- A atribución do uso da vivenda e ajuar familiar.
2.- A contribución ás cargas do matrimonio e alimentos, así como as súas bases de actualización e garantías no seu caso.
3.- A liquidación, cando cumpra, do réxime económico do matrimonio.
4.- A pensión compensatoria, no seu caso, a favor de un dos cónxuxes.
Deberán prestar o seu consentimento na notaría do último domicilio común ou o do domicilio ou residencia habitual de calquera das persoas solicitantes.
Os cónxuxes no momento do outorgamento da escritura pública deberán contar con asistenza letrada.
Documentación
-
-
-
-
- Certificado de matrimonio ou libro de Familia.
- Certificado de nacemento de fillas e fillos comúns.
- Capitulacións matrimoniais (escritura Notarial de modificación do réxime económico matrimonial a separación de bens no seu caso).
- Certificado empadroamento.
- Título de propiedad da vivenda común.
- Certificado de saldo en contas bancarias.
- Certificado de débedas.
- Títulos de propiedade de bens comúns, p.ex. vehículos.
-
-
-
Os efectos deste divorcio ante autoridade notarial serán os mesmos que no caso de solicitarse ante autoridade xudicial:
1.- Extínguese o vínculo matrimonial ( podendo contraer novo matrimonio).
2.- Cesa a presunción de convivencia entre os cónxuxes.
3.- Extínguese o réxime económico matrimonial.
4.- Quedan revogados todos os consentimentos e poderes que cada un dos cónxuxes concédese ao outro.
Unha vez asinada a escritura, e de acordo co novo artigo 61 da Lei do Rexistro Civil, remitirase por medios electrónicos ao Rexistro Civil e a falta destes, unha copia autorizada en papel a fin de inscribir o divorcio.
Para máis info: info@artigo14.es