Artigo 43. Prazo do deber de solicitude de concurso.
1. Mentres estea vixente o estado de alarma, o debedor que se atope en estado de insolvencia non terá o deber de solicitar a declaración de concurso. Ata que transcorran dous meses a contar desde a finalización do estado de alarma, os xuíces non admitirán a trámite as solicitudes de concurso necesario que se presentaron durante ese estado ou que se presenten durante eses dous meses. Se se presentou solicitude de concurso voluntario, admitirase este a trámite, con preferencia, aínda que fóra de data posterior.
2. Tampouco terá o deber de solicitar a declaración de concurso, mentres estea vixente o estado de alarma, o debedor que comunicase ao xulgado competente para a declaración de concurso a iniciación de negociación cos acredores para alcanzar un acordo de refinanciamento, ou un acordo extraxudicial de pagos, ou para obter adhesións a unha proposta anticipada de convenio, aínda que vencese o prazo a que se refire o apartado quinto do artigo 5 bis da Lei 22/2003, do 9 de xullo, Concursal.