Cando e como se outorga a declaración de herdeiros?
Cando a persoa falecida non outorgou testamento.
Outorgarase escritura pública de declaración de herdeiros ab intestato, á que deberá acudir polo menos unha das persoas interesadas na herdanza e dúas persoas como testemuñas.
Transcorridos 30 días desde o outorgamento, poderán iniciarse os trámites de elaboración do inventario do caudal hereditario e de adxudicación da herdanza ás persoas herdeiras.
Que documentación se necesita?
Para a tramitación precisarase a seguinte documentación:
- Certificado de defunción.
- Certificado de últimas vontades.
- Certificado de seguros de vida.



