Servizos

Servizos

Pacto de mellora

Que é un pacto de mellora?

Son pactos de mellora aqueles polos que se convén a favor dos descendentes a sucesión en bens concretos.

Os pactos sucesorios deberán ser outorgados en escritura pública.

Os pactos sucesorios poderán supor a entrega ou non de presente dos bens aos que afecten, determinando no primeiro caso a adquisición da propiedade por parte da persoa mellorada.

No pacto sucesorio poderán contemplarse os supostos nos que este quedará sen efecto e determinarse o ámbito residual das facultades dispositivas das persoas adxudicantes.

Os pactos de mellora quedan sen efecto:

  1. Se a persoa mellorada incumprise os deberes asumidos.
  2. Pola morte da persoa mellorada antes que a mellorante, agás pacto expreso de substitución polos seus herdeiros ou que a mellora se realizase con entrega de bens de presente.
  3. Por incorrer a persoa mellorada en causa de desherdamento pola súa conduta gravemente inxuriosa ou vexatoria (delito con sentenza firme).

Fiscalidade dos pactos de mellora

Polo outorgamento dun pacto de mellora é preciso liquidar os seguintes impostos:

  1. Incremento do valor dos terreos de natureza urbana (Plusvalía Municipal) para o caso de que se transmita un ben inmoble. O suxeito pasivo é o adquirente.

O importe determinarase aplicando unha porcentaxe á diferenza de valor entre o valor de adquisición pola persoa mellorante e o valor de adquisición pola persoa mellorada. A porcentaxe varía en función da Administración Municipal do lugar no que radique o inmoble.

  1. Imposto sobre Sucesións e Doazóns. O suxeito pasivo é o adquirente.

Deberá presentarse no prazo de seis meses desde a realización da escritura pública. Nas adquisicións por descendentes de 21 anos ou máis están exentas de tributación ata 1.000.000 de euros.

¿Necesitas Asesoramento Xurídico?

Analizamos o teu caso con rigor e honestidade. Contacta co noso equipo e recibe unha orientación clara sobre as túas opcións legais.

group of people walking on pedestrian lane