Servizos

Que é un crédito revolving?

As tarxetas de crédito revolving son aquelas nas que a persoa titular pode dispoñer ata o límite de crédito concedido a cambio do pagamento das cotas periódicas fixadas no contrato, que poden ser unha porcentaxe da débeda (cun mínimo segundo contrato) ou unha cota fixa.

O máis característico é que con cada prazo pagado se reconstitúen os fondos dispoñibles por ese importe. Ademais, neste tipo de tarxetas os xuros xerados, as comisións e outros gastos repercutibles á clientela son financiados xunto co resto das operacións.

Isto implica que, se o xuro é elevado (por exemplo, 25 % TAE) e a cota mensual que se aboa é baixa (3 % do saldo disposto), a amortización do principal realizarase nun prazo moi longo, o que implica o pagamento total dunha cifra elevada de xuros e un endebedamento case perpetuo.

Quen os comercializa?

Practicamente todas as entidades financeiras: Bankinter, Banco Santander, Wizink Bank, BBVA, Caixabank.

Tamén empresas que conceden créditos rápidos: CETELEM, COFIDIS, CREDITEA, CASHPER, VIVUS, FERRATUM…

Que podemos reclamar?

Declarada a nulidade do crédito, a consecuencia será que a totalidade do importe aboado se destine a cancelar o saldo disposto, excluíndo comisións e xuros. No caso de terse aboado un importe superior ao xa disposto, procederá a devolución desa cantidade.

Por exemplo:

X dispuxo de 5.000 € coa súa tarxeta de crédito ao longo de catro anos. Nese período de tempo leva pagados recibos por valor de 7.000 €. Ademais, quedan pendentes de pagamento 3.000 €.

A nulidade do contrato implicará a devolución de 2.000 € e a condonación de 3.000 € de débeda pendente.

En que casos podes reclamar?

O Tribunal Supremo establece que é nulo o contrato de crédito revolving por considerar usurario un 24,6 % TAE.

Para comprobar o tipo de xuro aplicado ao teu crédito debemos revisar os extractos mensuais ou o contrato.

Se non dispós desta documentación, encargámonos de solicitala ao Servizo de Atención á Clientela Bancaria da túa entidade.

Que podes facer ti?

– Solicitar aclaración sobre as cantidades aboadas e o saldo debedor pendente de pagamento.
A entidade deberá facilitar un detalle o máis completo posible da débeda esixible, no que se poidan verificar o importe reclamado e a súa composición, desagregando a cantidade pendente de pagamento en concepto de principal, xuros acumulados e comisións devindicadas por distintos conceptos.

− Solicitar saber cando rematarás de pagar a túa débeda.

A entidade debe facilitar algún medio —e, en todo caso, a través da atención telefónica personalizada— mediante o cal cada cliente, nun momento determinado, poida coñecer o tempo estimado que queda para amortizar unha operación.

É esixible conforme ás boas prácticas bancarias a elaboración dun cadro de amortización —no que se debería advertir á persoa interesada de que só sería válido se se mantén o pagamento mensual pola contía pactada e non se realizan novas disposicións do crédito— que lle permita coñecer o número de pagamentos necesarios para cancelar o crédito.

− Solicitar coñecer o importe da débeda pendente coa pretensión de cancelala.
A entidade debe informar tendo en conta os posibles recibos ou cotas devindicadas pendentes de liquidación, pois o contrario podería xerar unha expectativa de bo fin das operacións ao aboar o importe certificado que, ao non incluír toda a débeda pendente de pagamento, non sería suficiente para saldala.

¿Necesitas Asesoramento Xurídico?

Analizamos o teu caso con rigor e honestidade. Contacta co noso equipo e recibe unha orientación clara sobre as túas opcións legais.

group of people walking on pedestrian lane