Servizos

Equipo

Eva Rosende Castro

Avogada | Socia Fundadora

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Máster de Acceso á Avogacía.

Avogada con experiencia en Dereito Bancario, Dereito de Consumo e Dereito Civil. Desde o ano 2014 desenvolve a súa actividade profesional na defensa de consumidores e usuarios fronte a entidades financeiras, especialmente en procedementos relacionados con tarxetas de crédito revolving, xuros usurarios, cláusulas abusivas e outras reclamacións bancarias.

Así mesmo, presta asesoramento e asistencia xurídica en materia de herdanzas, divorcios e conflitos derivados de comunidades de propietarios, ofrecendo solucións xurídicas eficaces e adaptadas ás necesidades de cada cliente.Asimismo, presta asesoramiento y asistencia jurídica en materia de herencias, divorcios y conflictos derivados de comunidades de propietarios, ofreciendo soluciones jurídicas eficaces y adaptadas a las necesidades de cada cliente.

Compaxina o exercicio profesional cun labor divulgativo nos medios de comunicación, participando habitualmente en faladoiros radiofónicos sobre actualidade xurídica. Así mesmo, interveu no programa Quen Anda Aí? da Televisión de Galicia (TVG), onde analizou distintas cuestións legais xurdidas durante a pandemia da COVID-19.

Julia Álvarez Martín

Avogada | Socia Fundadora

Licenciada en Dereito pola Universidade de Granada e cun Máster en Práctica Xurídica pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Avogada con experiencia en Dereito Civil, Función Pública e Estranxeiría, ofrece un asesoramento xurídico profesional, próximo e plenamente adaptado ás necesidades de cada cliente/a.

Conta con formación especializada en xénero, migracións e Dereitos Humanos, tras cursar o Título de Especialización impartido pola Universidade Complutense de Madrid.

Desde 2018 é a Asesora Xurídica do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.

O seu traballo caracterízase por un enfoque rigoroso e actualizado, integrando de maneira transversal a perspectiva de xénero e a defensa dos dereitos humanos para garantir unha protección sólida e comprometida das persoas ás que asesora.