Servizos

Servizos

División xudicial de herdanza

Calquera coherdeiro ou coherdeira poderá reclamar xudicialmente a división da herdanza mediante a presentación dunha demanda de división xudicial da herdanza.

A continuación, acordarase a intervención do caudal hereditario e a formación de inventario.

Practicadas as actuacións anteriores, o órgano xudicial convocará a unha xunta as persoas herdeiras, que deberán poñerse de acordo sobre o nomeamento dunha persoa contadora que practique as operacións divisorias do capital, así como sobre o nomeamento dos profesionais periciais que deban intervir na valoración dos bens.

Se da xunta resultase falta de acordo para o nomeamento da persoa contadora, esta designarase por sorteo. A persoa contadora realizará as operacións divisorias e procurará, en todo caso, evitar a indivisión, así como a excesiva división dos predios.

As operacións divisorias deberán presentarse no prazo máximo de dous meses desde que foron iniciadas e recolleranse nun escrito asinado pola persoa contadora, no que se expresará:

1.º A relación dos bens que formen o capital partible.

2.º A valoración dos comprendidos nesa relación.

3.º A liquidación do capital, a súa división e adxudicación a cada partícipe.

Destas operacións darase traslado ás persoas partícipes para que manifesten o seu acordo ou a súa oposición ás mesmas.

En caso de acordo, o órgano xudicial entregará a cada persoa instituída herdeira os bens que lle fosen adxudicados; en caso contrario, serán citadas de novo a unha vista e o procedemento finalizará mediante sentenza que conteña as adxudicacións.

En calquera estado do procedemento poderán as persoas instituídas herdeiras separarse do seu seguimento e adoptar os acordos que estimen convenientes.

Cando o soliciten de común acordo, o órgano xudicial deberá sobreseer o xuízo e poñer os bens á disposición das persoas partícipes.

¿Necesitas Asesoramento Xurídico?

Analizamos o teu caso con rigor e honestidade. Contacta co noso equipo e recibe unha orientación clara sobre as túas opcións legais.

group of people walking on pedestrian lane