O procedemento para obter o divorcio cando existen fillos menores de idade é o seguinte:
- Redáctase un escrito de demanda solicitando a disolución do matrimonio, así como do réxime económico matrimonial. É necesaria a contratación de avogada e procuradora.
- O xulgado admite a demanda a trámite e sinala unha data na que os cónxuxes comparecerán para ratificarse na súa solicitude de divorcio no caso de mutuo acordo.
- No caso de divorcio contencioso, darase traslado da demanda ao outro cónxuxe, que dispón dun prazo de 10 días para formular oposición ou conformarse coas peticións da demanda.
Documentación que debe achegarse:
Ata 1.000.000 € en sucesións por descendentes, ascendentes e cónxuxe.
- Certificado de matrimonio.
- Libro de familia.
- Capitulacións matrimoniais (escritura notarial de modificación do réxime económico matrimonial a separación de bens).
- Certificado de empadroamento.
Divorcio notarial
Os cónxuxes, cando non teñan fillos que dependan deles, poderán acordar a súa separación matrimonial ou divorcio de mutuo acordo mediante a formalización dun convenio regulador en escritura pública ante autoridade notarial.
Deberán prestar o seu consentimento ante unha notaría do último domicilio común ou do domicilio ou residencia habitual de calquera das persoas solicitantes.
Os cónxuxes, no outorgamento da escritura pública, deberán contar con asistencia letrada.
A documentación necesaria é a mesma ca no caso de divorcio xudicial.



