A liquidación comezará cun inventario do activo e do pasivo da sociedade.
ACTIVO: art. 1397 CC:
- Bens gananciais existentes no momento da disolución.
- Importe actualizado do valor que tiñan os bens ao seren alleados mediante negocio ilegal ou fraudulento se non fosen recuperados.
- Importe actualizado das cantidades pagadas pola sociedade que fosen de cargo dun cónxuxe e, en xeral, das que constitúan créditos da sociedade contra este.
PASIVO: art. 1398 CC:
- Débedas pendentes da sociedade.
- Importe actualizado do valor dos bens privativos cando a súa restitución deba facerse en metálico por seren gastados en interese da sociedade. A mesma regra aplícase ás deterioracións producidas neses bens polo seu uso en beneficio da sociedade.
- Importe actualizado das cantidades que, sendo pagadas por un só dos cónxuxes, fosen de cargo da sociedade e, en xeral, das que constitúan créditos dos cónxuxes contra a sociedade.
Pagamento das débedas: art. 1399 CC:
Rematado o inventario, pagaranse en primeiro lugar as débedas da sociedade, comezando polas alimenticias, que en todo caso terán preferencia.
Cando non haxa metálico suficiente para o pagamento das débedas, poderán ofrecerse con ese fin adxudicacións de bens gananciais; pero, se calquera partícipe ou persoa acredora o solicita, procederase á súa alleación e pagarase co importe obtido.
Créditos contra a sociedade dun dos cónxuxes: art. 1403 CC:
«Pagadas as débedas e cargas da sociedade, aboaranse as indemnizacións e reintegros debidos a cada cónxuxe ata onde alcance o caudal inventariado, realizando as compensacións que correspondan cando o cónxuxe sexa debedor da sociedade».
«Feitas as deducións no caudal inventariado previstas nos artigos anteriores, o remanente constituirá o haber da sociedade de gananciais, que se dividirá por metade entre os cónxuxes ou os seus respectivos herdeiros».



