Por que se presenta o imposto sobre sucesións?
O obxectivo deste imposto é gravar os incrementos de patrimonio que se producen, normalmente, como consecuencia de herdanzas e doazóns, así como os seguros de vida nos que o contratante sexa unha persoa distinta da beneficiaria. É un imposto incompatible co imposto sobre a renda das persoas físicas, polo que a renda gravada polo imposto de sucesións non se someterá ao I. R. P. F.
Grávase o adquirido por cada suxeito pasivo, tomando como base, no caso das herdanzas, o patrimonio neto do causante, é dicir, os seus bens menos as cargas, débedas e gastos.
Que importe está exento de tributación?
Ata 1.000.000 € nas sucesións por descendentes.
En que prazo debe presentarse?
A presentación deste imposto debe realizarse no prazo de seis meses desde que se produce o falecemento.
Incremento do valor dos terreos de natureza urbana (Plusvalía Municipal)
O Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana (Plusvalía) é un imposto municipal directo e de carácter potestativo que grava a transmisión de calquera dereito real de gozo limitativo do dominio dun terreo de natureza urbana.
Constitúe o feito impoñible do imposto o incremento de valor que experimenten os terreos de natureza urbana e que se poña de manifesto como consecuencia da transmisión da súa propiedade por calquera título.
Por que se presenta o imposto?
Nas transmisións de terreos a título lucrativo (sucesión mortis causa, doazón, apartación), é obrigado tributario o adquirente do terreo.



