Servizos

Servizos

Comisións de apertura

Que é unha comisión de apertura?

Os préstamos con garantía hipotecaria establecen normalmente na súa cláusula cuarta unha COMISIÓN DE APERTURA. Por exemplo: «Apertura.- O préstamo devindicará por unha soa vez no momento de formalizarse unha comisión de apertura de seiscentos euros (600,00 €)». Cando se asina un crédito con garantía hipotecaria, a entidade financeira adoita introducir unha cláusula na escritura de préstamo pola que a persoa consumidora ten que pagar unha porcentaxe do diñeiro prestado en concepto de «comisión de apertura».

Esta porcentaxe que se paga ao banco polo feito de conceder a hipoteca adoita variar entre o 0,25 % e o 1 % da contía do crédito.

Por que se pode reclamar?

Realmente esta comisión de apertura non adoita responder a ningún gasto real pola xestión da hipoteca, malia que os bancos sosteñan que ese importe remunera gastos do estudo de viabilidade para a concesión do préstamo.

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea pronunciouse sobre a validez ou nulidade por abusiva da cláusula de comisión de apertura dun crédito con garantía hipotecaria na Sentenza do 16 de xullo de 2020, declarando o seguinte:

1. A comisión de apertura non pode considerarse unha prestación esencial dun préstamo hipotecario polo mero feito de que tal comisión estea incluída no custo total.

2. O/a xuíz/a nacional debe levar a cabo o control de transparencia da devandita cláusula.

3. Non só se esixe que a cláusula en cuestión sexa comprensible para a persoa consumidora nun plano gramatical, senón tamén que o contrato expoña de maneira transparente o funcionamento concreto do mecanismo ao que se refire a cláusula.

Así como, se é o caso, a relación entre ese mecanismo e o previsto por outras cláusulas, de maneira que a persoa consumidora estea en condicións de valorar, baseándose en criterios precisos e intelixibles, as consecuencias económicas que se deriven para ela.

4. O/a consumidor/a ten que ter coñecemento dos motivos que xustifican a retribución correspondente a esta comisión e poderá así valorar o alcance do seu compromiso e, en particular, o custo total do contrato.

5. Existe un desequilibrio importante entre as partes cando o banco non demostre que a comisión de apertura responde a servizos efectivamente prestados e a gastos que tivese.

Polo tanto, con esta sentenza do TXUE abriuse a posibilidade para as persoas consumidoras de que se declare a nulidade da cláusula de comisión de apertura da hipoteca e se devolvan as cantidades aboadas por ese concepto.

¿Necesitas Asesoramento Xurídico?

Analizamos o teu caso con rigor e honestidade. Contacta co noso equipo e recibe unha orientación clara sobre as túas opcións legais.

group of people walking on pedestrian lane