O Tribunal Supremo e a marxe de erro dos radares de velocidade

As marxes de erro dos radares de medición de velocidade ou “cinemómetros” veñen establecidas nas Ordes Ministeriais ITC 3699/2006 e son dun 5 % para os radares fixos e dun 7 % para os móbiles.

O punto que aclara o Tribunal Supremo na súa recente Sentenza nº 184/2018, de 17 de abril é se un radar colocado sobre un trípode ou nun vehículo parado é un radar fixo ou móbil a estes efectos.

A diferenza entre aplicar unha marxe de erro ou outra pode resultar transcendental, como no caso analizado nesta Sentenza, no que a persoa imputada circulaba a 213 km/h nunha vía cunha velocidade máxima permitida de 120 km/h, polo que en caso de aplicárselle a marxe do 5 % podería ser condenada penalmente (delito contra a seguridade vial, art. 379.1 do Código Penal) mentres que se se aplicaba a do 7 % non (independentemente da responsabilidade a nivel administrativo) .   

Pois ben, o Tribunal Supremo determina que este tipo de radares, colocados sobre un trípode ou nun vehículo parado equipáranse a radares fixos e aplícaselles polo tanto a marxe de erro do 5 % dado que “a medición da velocidade, desde un radar fixo, ou desde unha instalación sen movemento, supón unha menor marxe de erro que a medición realizada desde un dispositivo en movemento”.

Deixa un comentario