Sanción á LFP por vulnerar a normativa vixente de protección de datos

q

A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) vén de impoñer multa administrativa ascendente a 250.000 euros á Liga de Fútbol Profesional (LFP) por vulnerar os principios de transparencia e información previstos no Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) e na Lei Orgánica de Protección de Datos Persoais e Garantía de Dereitos Dixitais (LOPDGDD). … Ler máis

O REXISTRO DA XORNADA DE TRABALLO

Está dando moito que falar a nova regulación sobre o rexistro de xornada, aprobada polo RD 8/2019, de medidas urxentes de protección social e loita contra a precariedade laboral na xornada de traballo, de modo que intentaremos resolver algunhas dúbidas respecto da súa aplicación…

AMPLIACIÓN DO PERMISO DE PATERNIDADE

O pasado venres 1 e marzo, o Executivo aprobou o Real Decreto-Lei de medidas urxentes para a garantía da igualdade de trato e oportunidades no emprego e a ocupación, que ten como unha das súas principais novidades a ampliación do permiso de paternidade, a través dun réxime transitorio que incrementará progresivamente as semanas a desfrutar … Ler máis

Pode a empresa modificar unilateralmente o meu contrato a tempo completo por un a tempo parcial?

Non. Así de rotundo se mostra o artigo 12.4 e) do Estatuto dos traballadores, que establece que “A conversión dun traballo a tempo completo nun traballo parcial e viceversa terá sempre carácter voluntario para o traballador e non se poderá impoñer de forma unilateral ou como consecuencia dunha modificación substancial de condicións de traballo ao … Ler máis

Spameo e perfís políticos

q

A privacidade e a protección de datos están de moda. A recente entrada en vigor do Regulamento Xeral de Protección de Datos consagrou unha maior privacidade das persoas físicas e unha maior protección respecto aos seus datos persoais e á circulación destes, recordándonos que este extremo é un Dereito Fundamental consagrado no art. 8 da … Ler máis

Sabías que…O dereito a compensación económica polas vacacións non desfrutadas pódese herdar?

q

Os traballadores e traballadoras teñen dereito a compensación económica en caso de non ter desfrutado das vacacións xeradas por finalizar a relación laboral. Agora, ademais, temos claro que ese dereito pódese herdar. Efectivamente, os herdeiros dun traballador falecido poderán solicitar á empresa onde este viña prestando os seus servizos o abono da compensación legal por … Ler máis

Importantísima Sentencia sobre contratación de interinos no SERGAS

q

As habituais (malas) prácticas de contratación da Administración Pública sufriron un novo revés coa recente Sentencia da Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que determina a existenza de fraude na contratación de máis de 400 traballadores e traballadoras do Servizo Galego de Saúde. A Sentencia entende que o SERGAS contrata a … Ler máis

O Tribunal Supremo e a marxe de erro dos radares de velocidade

As marxes de erro dos radares de medición de velocidade ou “cinemómetros” veñen establecidas nas Ordes Ministeriais ITC 3699/2006 e son dun 5 % para os radares fixos e dun 7 % para os móbiles. O punto que aclara o Tribunal Supremo na súa recente Sentenza nº 184/2018, de 17 de abril é se un … Ler máis

Consentimento para o tratamento de datos persoais co novo Regulamento

q

Como seguro escoitariades, o pasado venres 25 de maio produciuse a entrada en vigor do novo Regulamento Xeral de Protección de Datos. Unha das novidades máis importantes desta  normativa é o cambio dos requisitos esixidos respecto ao consentimento que un interesado debe dar a un responsable para autorizar o tratamento dos seus datos de carácter … Ler máis

O novo Regulamento Xeral de Protección de Datos. Que é e a quen afecta?

  O próximo 25 de maio de 2018 resultará de aplicación en España o novo Regulamento Xeral de Protección de Datos, aprobado xa en 2016 pola UE. Pero, ¿Que é un dato persoal? Toda información sobre unha persoa física identificada ou identificable a través da cal sexa posible determinar, directa ou indirectamente a súa identidade, … Ler máis