Un cidadán instalou no interior do local no que desenvolve a súa actividade comercial unha cámara. Preguntanos se é necesario que proceda a crear un ficheiro e a comunicar a súa existencia á Axencia de Protección de Datos.
A captación e/ou a gravación de imaxes de persoas identificables co fin de vixilancia mediante cámaras, videocámaras ou calquera outro medio técnico análogo, constitúe un tratamento de datos persoais sometido á Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD). [vc_separator type=’transparent’ position=’center’ color=” thickness=” up=” down=”]
A utilización de sistemas de videovixilancia que se limiten a unha mera reprodución ou emisión de imaxes en tempo real, sen ser gravadas nin almacenadas, non esixirá a notificación da creación de ficheiros nin, por tanto, a súa notificación á Axencia Española de Protección de datos ( AEPD).
Só cando o sistema de videovixilancia permita a gravación ou o almacenamento de imaxes esixirase a creación dun ficheiro e a súa notificación previa á AEPD para a inscrición no seu Rexistro Xeral.
Os responsables que conten con sistemas de videovixilancia deberán “colocar, nas zonas videovixiadas, polo menos un distintivo informativo situado en lugar suficientemente visible, tanto en espazos abertos como pechados e ter ao dispor dos/as solicitantes impresos nos que se detalle a información prevista no artigo 5.1 da Lei Orgánica 15/1999”.