O SUPREMO REITERA A USURA NUNHA TARXETA DE CRÉDITO REVOLVING | | Artigo 14
DESPACHO DE ABOGADOS, ABOGADOS, AVOGADOS, ABOGADAS, AVOGADAS, CONSULTA, DERECHO, PROCEDIMIENTO JUDICIAL, JUICIO, SEPARACIÓN, DIVORCIO, HERENCIA, ACCIDENTE DE TRÁFICO, DESPIDO, SEGUNDA OPORTNIDAD, CONCURSO DE ACREEDORES, GASTOS HIPOTECARIOS, CLÁUSULA SUELO, TARJETA DE CRÉDITO, COMUNIDADES DE VECINOS, SANCIÓN, INVESTIGACIÓN,
16434
post-template-default,single,single-post,postid-16434,single-format-standard,bridge-core-2.4.9,ajax_updown,page_not_loaded,, vertical_menu_transparency vertical_menu_transparency_on,vss_responsive_adv,vss_width_768,hide_top_bar_on_mobile_header,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-23.4,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.4.0,vc_responsive,elementor-default,elementor-kit-16992

O SUPREMO REITERA A USURA NUNHA TARXETA DE CRÉDITO REVOLVING

O SUPREMO REITERA A USURA NUNHA TARXETA DE CRÉDITO REVOLVING

Ó fin temos nova Sentenza do Tribunal Supremo declarando a usura dun 27% TAE nun contrato de tarjeta de crédito revolving.

O Pleno da Sala Primeira do Tribunal Supremo desestima o recurso de casación interposto por Wizink Bank contra unha sentenza que declarara a nulidade dun contrato de crédito ‘ revolving’ mediante uso de tarxeta por considerar usurario o interese remuneratorio, fixado inicialmente no 26,82% TAE e que se situou no 27,24% á data de presentación da demanda.

No caso que analiza a sentenza, o control da estipulación que fixa o interese remuneratorio podería realizarse tamén mediante os controis de incorporación e transparencia, propios do control das condicións xerais en contratos celebrados con consumidores; con todo, neste caso a demandante unicamente pediu a nulidade da operación de crédito polo seu carácter usurario, é dicir, fundándose na Lei de Represión da Usura de 1908.

O Pleno da Sala considera, en primeiro lugar, que a referencia do “interese normal do diñeiro” que debe utilizarse para determinar se o interese remuneratorio é usurario debe ser o interese medio aplicable á categoría á que corresponda a operación cuestionada, neste caso o tipo medio aplicado ás operacións de crédito mediante tarxetas de crédito e ‘ revolving’ publicado nas estatísticas oficiais do Banco de España.

Por último, a Sala razoa que non pode xustificarse a fixación dun interese notablemente superior ao normal do diñeiro polo risco derivado do alto nivel de falta de pagamentos anudado a operacións de crédito concedidas de modo áxil, porque a concesión irresponsable de préstamos ao consumo a tipos de interese moi superiores aos normais, que facilita o sobreendeudamiento dos consumidores, non pode ser obxecto de protección polo ordenamento xurídico.

EVA ROSENDE CASTRO
eva.rosende.castro@icacor.es


Este sitio web utiliza cookies para que teña mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Aquí tamén tes dispoñible nosos avisos legais e nosa política de privacidade

ACEPTAR
Aviso de cookies