Artigo 14 | Sabías que…O dereito a compensación económica polas vacacións non desfrutadas pódese herdar?
DESPACHO DE ABOGADOS, ABOGADOS, AVOGADOS, ABOGADAS, AVOGADAS, CONSULTA, DERECHO, PROCEDIMIENTO JUDICIAL, JUICIO, SEPARACIÓN, DIVORCIO, HERENCIA, ACCIDENTE DE TRÁFICO, DESPIDO, SEGUNDA OPORTNIDAD, CONCURSO DE ACREEDORES, GASTOS HIPOTECARIOS, CLÁUSULA SUELO, TARJETA DE CRÉDITO, COMUNIDADES DE VECINOS, SANCIÓN, INVESTIGACIÓN,
16262
post-template-default,single,single-post,postid-16262,single-format-standard,ajax_updown,page_not_loaded,, vertical_menu_transparency vertical_menu_transparency_on,qode-title-hidden,vss_responsive_adv,hide_top_bar_on_mobile_header,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.1.1,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive
q

Sabías que…O dereito a compensación económica polas vacacións non desfrutadas pódese herdar?

Os traballadores e traballadoras teñen dereito a compensación económica en caso de non ter desfrutado das vacacións xeradas por finalizar a relación laboral. Agora, ademais, temos claro que ese dereito pódese herdar.

Efectivamente, os herdeiros dun traballador falecido poderán solicitar á empresa onde este viña prestando os seus servizos o abono da compensación legal por este concepto. Neste sentido, pronúnciase a Sentenza de 6 de novembro do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que resolve así a cuestión prexudicial formulada polo Bundesarbeitsgericht (Tribunal Supremo do Laboral alemán), dando a razón a dúas viúvas alemáns, que reclamaron ás empresas dos seus cónxuxes falecidos (Administración pública nun caso e empresa privada noutro) a compensación legal que correspondía a estes polas vacacións xeradas e non desfrutadas.

Pola súa parte, cómpre recordar que o Dereito da UE resulta directamente invocable nos seus Estados membro, independentemente de que exista normativa nacional en sentido contrario.

Miguel Ángel Vázquez
miguelvazquez@artigo14.es

Avogado socio en ARTIGO 14



Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: