CONTRATOS DE VIAXE COMBINADA CANCELADOS CON MOTIVO DO COVID19.

 

¿Qué é unha viaxe combinada?

A combinación de, polo menos, dous tipos de servizos de viaxe a efectos do mesma viaxe ou vacación, se eses servizos:

1.º son combinados por unha soa empresa, a petición ou segundo a selección da persoa viaxeira, ou

2.º Con independencia da celebración de contratos distintos con diferentes prestadoras de servizos de viaxe, eses servizos:

i) son contratados nun único punto de venda e seleccionados antes de que o viaxeiro acepte pagar,

ii) son ofrecidos, vendidos ou facturados a un prezo a tanto alzado ou global,

iii) son anunciados ou vendidos como «viaxe combinado» ou baixo unha denominación similar,

iv) son combinados despois da celebración dun contrato en virtude do cal a empresa permite ao viaxeiro elixir entre unha selección de distintos tipos de servizos de viaxe, ou

v) son contratados con distintas empresas a través de procesos de reserva en liña conectados nos que o nome da persoa viaxeira, os seus datos de pago e a súa dirección de correo electrónico son transmitidos pola empresa ca que se celebra o primeiro contrato a outras empresas con quen se celebra outro contrato, como moi tarde 24 horas despois da confirmación da reserva do primeiro servizo de viaxe.

 

 

¿QUÉ DEREITOS TEN A PERSOA VIAXEIRA QUE VE CANCELADA A SUA VIAXE COMBINADA CON MOTIVO DO COVID-19?

 

O Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, regula no seu artigo 36.4 a resposta que deben dar as axencias de viaxes ante a cancelación motivada polo Covid19. 

 

  1. BONO. 

A empresa organizadora ou, no seu caso a comerciante minorista, poderán entregar ao consumidor ou usuario un bono para ser utilizado dentro dun ano desde a finalización da vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas, por unha contía igual ao reembolso que correspondese.

 

2. NON UTILIZACIÓN DO BONO DURANTE O PERIODO DE VALIDEZ. PROCEDE REEMBOLSO. 

Transcorrido o período de validez do bono sen ser utilizado, o consumidor poderá solicitar o reembolso completo de calquera pago realizado.

Non obstante o anterior, a empresa organizadora ou, no seu caso a comerciante minorista deberán proceder a efectuar o reembolso no caso de que as persoas viaxeiras solicitasen a resolución do contrato cando concorran circunstancias inevitables e extraordinarias no lugar de destino ou nas inmediacións que afecten de forma significativa á execución da viaxe combinada ou ao transporte de pasaxeiros ao lugar de destino,. 

Asimesmo, as persoas viaxeiras terán dereito a resolver o contrato antes do inicio do mesmo sen pagar ningunha penalización.

Se só algúns dos provedores de servizos da viaxe combinada efectuasen a devolución ao organizador ou, no seu caso, ao comerciante minorista, ou a contía devolta por cada un deles fose parcial, as persoas viaxeiras terán dereito ao reembolso parcial correspondente ás devolucións efectuadas, sendo descontado do importe do bono entregado pola resolución do contrato.

A empresa organizadora ou, no seu caso a comerciante minorista procederán a efectuar os reembolsos citados anteriormente nun prazo non superior a 60 días desde a data da resolución do contrato ou desde aquela en que os provedores de servizos procedesen á súa devolución.