Artigo 14 | Importantísima Sentencia sobre contratación de interinos no SERGAS
DESPACHO DE ABOGADOS, ABOGADOS, AVOGADOS, ABOGADAS, AVOGADAS, CONSULTA, DERECHO, PROCEDIMIENTO JUDICIAL, JUICIO, SEPARACIÓN, DIVORCIO, HERENCIA, ACCIDENTE DE TRÁFICO, DESPIDO, SEGUNDA OPORTNIDAD, CONCURSO DE ACREEDORES, GASTOS HIPOTECARIOS, CLÁUSULA SUELO, TARJETA DE CRÉDITO, COMUNIDADES DE VECINOS, SANCIÓN, INVESTIGACIÓN,
16256
post-template-default,single,single-post,postid-16256,single-format-standard,ajax_updown,page_not_loaded,, vertical_menu_transparency vertical_menu_transparency_on,qode-title-hidden,vss_responsive_adv,hide_top_bar_on_mobile_header,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.1.1,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive
q

Importantísima Sentencia sobre contratación de interinos no SERGAS

As habituais (malas) prácticas de contratación da Administración Pública sufriron un novo revés coa recente Sentencia da Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que determina a existenza de fraude na contratación de máis de 400 traballadores e traballadoras do Servizo Galego de Saúde.

A Sentencia entende que o SERGAS contrata a este persoal, en condición de interino dende 2017 e previamente eventual, de maneira fraudulenta, dado que a súa contratación, como en moitos outros casos, obedecía a supostas circunstancias conxunturais ou de urxencia cando en realidade cubría necesidades estruturais.

A principal consecuencia desta Sentencia é o recoñecemento do persoal afectado como indefinido non fixo, o que implica, entre outras cousas, unha maior seguridade laboral, antigüidade dende o primeiro contrato e unha indemnización superior en caso de cese.

Debemos ter claro que a referida Sentencia, non afecta única e exclusivamente ao SERGAS, senón a calquera Administración que utilice mecanismos de contratación similares.

Esta Sentencia únese ás recentes sancións da Inspección de Traballo de Ourense ao Servizo Galego de Saúde contratar a persoal de enfermería inscrito como demandante de emprego nas listas de contratación para posteriormente dalo de alta de luns a venres e de baixa os fines de semana e os festivos, incumprindo así a obriga do empresario de cotización durante todo o tempo que o traballador preste os seus servizos, independentemente de que estes teñan carácter discontinuo.

 

Miguel Ángel Vázquez
miguelvazquez@artigo14.es

Avogado socio en ARTIGO 14



Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: