O pasado venres 1 e marzo, o Executivo aprobou o Real Decreto-Lei de medidas urxentes para a garantía da igualdade de trato e oportunidades no emprego e a ocupación, que ten como unha das súas principais novidades a ampliación do permiso de paternidade, a través dun réxime transitorio que incrementará progresivamente as semanas a desfrutar polos traballadores ata a súa plena equiparación co de maternidade en 2021.
Actualmente, o permiso de paternidade ten unha duración de cinco semanas, ampliable, en dous días máis por cada fillo, a partir do segundo. Dende o 1 de abril de 2019 ampliarase a 8 semanas, que serán 12 en 2020 e 16 en 2021.
– 2019 (a partir do 1 de abril): 8 semanas
– 2020: 12 semanas
– 2021: 16 semanas
A aprobación deste Real Decreto-Lei implica a reforma do artigo 48.7 do Estatuto dos Traballadores (¿Para cando a modificación do nome?), que regula o permiso de paternidade e de diversos preceptos da Lei Xeral de Seguridade Social e que como todos os Reales Decretos-Lei, deberá ratificarse polo Congreso nos 30 días seguintes á súa aprobación.