Pode a empresa modificar unilateralmente o meu contrato a tempo completo por un a tempo parcial?

Non. Así de rotundo se mostra o artigo 12.4 e) do Estatuto dos traballadores, que establece que “A conversión dun traballo a tempo completo nun traballo parcial e viceversa terá sempre carácter voluntario para o traballador e non se poderá impoñer de forma unilateral ou como consecuencia dunha modificación substancial de condicións de traballo ao amparo do disposto no artigo 41.1.a)…”.

Deste xeito, a conversión dun contrato a xornada completa nun a xornada parcial deberá contar sempre e de forma obrigatoria co consentimento da traballadora en cuestión.

E se me nego, poden despedirme?

 

Cómpre recordar que as traballadoras están protexidas fronte a calquera represalia empresarial polo exercicio dos seus dereits pola garantía de indemnidade, pero neste caso, é o propio artigo 12.4 e) o que determina expresamente que “O traballador non poderá ser despedido nin sufrir ningún outro tipo de sanción ou efecto prexudicial polo feito de rexeitar esta conversión”.

Deixa un comentario