“Os pactos relativos a mascotas poden ser obviamente incluídos nun convenio regulador pero o razoable xuridicamente é que tales acordos, igual que os alcanzados neste suposto no momento do xuízo, teñan transcendencia entre as partes pero sen a calidade de executables no proceso de familia”.
As medidas reguladores das crisis familiares aparecen reguladas nos artigos 91 e seguintes do Código Civil: medidas paterno-filiais, pensión compensatoria, atribución da vivenda familiar, cargas do matrimonio, liquidación do réxime económico, etc. pero ningunha relacionada coas mascotas. A problemática radica en tratar de equiparar (legalmente) unha filla ou fillo a unha mascota ao tentar aplicarlle a estas últimas as medidas legais relativas á custodia e réxime de visitas.
Neste sentido se pronuncia, por exemplo a Sentencia 430/2011 da Audiencia Provincial de León, de 25 de novembro, que sinala que “Os pactos relativos a mascotas poden ser obviamente incluídos nun convenio regulador pero o razoable xuridicamente é que tales acordos, igual que os alcanzados neste suposto no momento do xuízo, teñan transcendencia entre as partes pero sen a calidade de executables no proceso de familia. Considerando que estamos ante a ratificación dun acordo sobre visitas do can que non implica dereito algún que poida ser executado e en consecuencia non se incluirá na sentenza que se dite, sen prexuízo da validez que ten entre os propietarios. En definitiva, coincidindo co criterio da Xuíz de Instancia, consideramos inapropiada a súa adopción nun proceso de separación matrimonial tal como se propón en liña similar ás medidas relativas previstas na lei para cos fillos comúns, por iso entendemos as razóns expostas pola Xuíz de instancia para a súa non aprobación, as cales mantemos nesta resolución”.
Resulta de especial relevancia o destacado por esta Sentenza no relativo no relativo aos convenios reguladores nos divorcios de mutuo acordo: nada impide aos cónxuxes atribuír a custodia do animal a un deles e establecer un réxime de visitas para o outro, pero ese pacto, en principio, non sería executable xudicialmente en caso de incumprimento, tal e como tamén sinala a Sentenza da Audiencia Provincial de Barcelona de 5 de abril de 2006.
Un matiz sería o introducido pola Audiencia Provincial de Madrid na súa sentenza 994/2015, de 24 de novembro, que para salvagardar o interese da filla menor e dada a especial relación desta co seu can, que pasarían a vivir separados, decidiu establecer un réxime de visitas flexible entre a menor e o pai, conforme ao interesado por este na súa demanda, debendo incluírse á mascota, quen acompañaría á filla nas súas estancias co proxenitor non custodio.
¿Solucións? Existen dúas. A primeira, dentro do procedemento de divorcio, consiste en que os cónxuxes soliciten a copropiedade e unha tenencia compartida da mascota, equiparando o animal a calquera outro ben moble que forme parte do inventario da sociedade de gananciais. Para iso, claro está, será necesario que o réxime económico matrimonial sexa o de sociedade de gananciales e que a compra do animal se tivese producido durante a vixencia do matrimonio.
Neste sentido se pronuncia a Audiencia Provincial de Badaxoz en Sentenza de 10 de febreiro de 2011: “Así as cousas, entendendo que o animal debe ser considerado como un ben de propiedade común dos litigantes, o réxime legal que debe aplicarse á utilización do ben común é o establecido no artigo 394 do código civil: “cada participe pode servirse da cousa común, sen impedir aos copartícipes utilizala segundo o seu dereito”.
Finalmente, outra posibilidade sería acudir a un procedemento ordinario declarativo, dentro tamén da xurisdición civil pero independente do procedemento de divorcio, a fin de que o xuíz ou xuíza se pronunciese sobre a titularidade do animal.