Artigo 14 | Spameo e perfís políticos
DESPACHO DE ABOGADOS, ABOGADOS, AVOGADOS, ABOGADAS, AVOGADAS, CONSULTA, DERECHO, PROCEDIMIENTO JUDICIAL, JUICIO, SEPARACIÓN, DIVORCIO, HERENCIA, ACCIDENTE DE TRÁFICO, DESPIDO, SEGUNDA OPORTNIDAD, CONCURSO DE ACREEDORES, GASTOS HIPOTECARIOS, CLÁUSULA SUELO, TARJETA DE CRÉDITO, COMUNIDADES DE VECINOS, SANCIÓN, INVESTIGACIÓN,
16274
post-template-default,single,single-post,postid-16274,single-format-standard,ajax_updown,page_not_loaded,, vertical_menu_transparency vertical_menu_transparency_on,qode-title-hidden,vss_responsive_adv,hide_top_bar_on_mobile_header,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.1.1,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive
q

Spameo e perfís políticos

A privacidade e a protección de datos están de moda. A recente entrada en vigor do Regulamento Xeral de Protección de Datos consagrou unha maior privacidade das persoas físicas e unha maior protección respecto aos seus datos persoais e á circulación destes, recordándonos que este extremo é un Dereito Fundamental consagrado no art. 8 da Carta dos Dereitos Fundamentais da UE.

Pois ben, o nova Lei Orgánica de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, que entrou onte en vigor (e que contou cun 93 % de apoio parlamentario), supón un ataque frontal a todo o anterior.

Concretamente, a súa disposición final terceira, que modifica o artigo 58 bis da Lei de réxime electoral, establece queA recompilación de datos persoais relativos a opinións políticas das persoas no marco das súas actividades electorais atoparase amparada no interese público unicamente cando se ofrezan garantías adecuadas.

Os partidos políticos, coalicións e agrupacións electorais poderán utilizar datos persoais obtidos en páxinas web e outras fontes de acceso público para a realización de actividades políticas durante o período electoral.

O envío de propaganda electoral por medios electrónicos ou sistemas de mensaxería e a contratación de propaganda electoral en redes sociais ou medios equivalentes non terán a consideración de actividade ou comunicación comercial”.

Entendemos que esta disposición adicional non só vulnera o disposto no artigo 6 do Regulamento Europeo -que determina que para que o tratamento de datos persoais sexa lícito deberá contar co consentimento das interesadas, ou ser necesario para a execución dun contrato, ou para o cumprimento dunha obriga legal, ou para protexer os intereses vitais da interesada, ou por motivos de interese público, ou para a satisfacción de intereses lexítimos perseguidos polo responsable, sempre que non prevalezan os dereitos e liberdades fundamentais das interesadas-; no artigo 9 do mesmo texto legal, que prohíbe expresamente o tratamento de datos persoais que revele as opinións políticas das persoas;  senón tamén o artigo 18.4 da Constitución: “A lei limitará o uso da informática para garantizar a honra, a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos”.

Miguel Ángel Vázquez
miguelvazquez@artigo14.es

Avogado socio en ARTIGO 14



Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: