Servizos

¿Hérdanse as débedas?

1º. ¿Cando se herdan as débedas?

Ata que non medie a aceptación da herdanza non se despregan efectos xurídicos con transcendencia patrimonial para a persoa herdeira, é dicir non é responsable das cargas da herdanza ata que non acepta formalmente a herdanza na notaría.

2º. ¿Cando a persoa herdeira pode ser obrigada a pagar as débedas do causante?

Para que unha persoa herdeira poida ser compelida ao cumprimento das obrigacións contraídas pola causante, será preciso probar que aceptou a herdanza, e en tal sentido non constando que aceptase a herdanza non pode ser demandada por responsabilidades que puidese ter o testador/a, nin cabe condenarlle ao pagamento de cantidade algunha en tal concepto de herdeira.

3º. ¿En que momento a persoa herdeira asume a representación da personalidade xurídica do causante?

Pola aceptación, o herdeiro asume a representación da personalidade xurídica da causante, sen limitacións e debe responsabilizarse das cargas que aquela consentiu en vida, accedendo desta maneira a unha responsabilidade ilimitada e indiferenciada da que responden non só os bens hereditarios senos tamén o propio patrimonio.

4º. ¿Cando son varias as persoas herdeiras que aceptan a herdanza que carácter terá a responsabilidade das aceptantes pola débedas e cargas da herdanza?

Nos casos de pluralidade de herdeiras aceptantes dunha herdanza a responsabilidade polas débedas e cargas da herdanza, tanto antes como despois da partición hereditaria, é solidaria. Todas responden de todo, os acredores poderán esixir o pagamento das súas débedas de maneira total de calquera das herdeiras que non houberan aceptado a herdanza a beneficio de inventario, ou ata onde alcance a súa porción hereditaria, no caso de admitila co devandito beneficio.

5º. Que carácter ten a responsabilidade da persoa herdeira?

A responsabilidade da herdeira é ilimitada, aínda que, limitable dado que este pode facer uso do dereito do beneficio de inventario que produce en favor da herdeira o efecto de non quedar “obrigada a pagar as débedas e demais cargas da herdanza senón ata onde alcancen os bens da mesma.

¿Necesitas Asesoramento Xurídico?

Analizamos o teu caso con rigor e honestidade. Contacta co noso equipo e recibe unha orientación clara sobre as túas opcións legais.

group of people walking on pedestrian lane