A multa por incumprir a obrigación de identificar verazmente ao condutor do vehículo será o dobre ou o triple da prevista para a infracción orixinaria que a motivou.
A nosa doutrina xurisprudencial foi, aos poucos, sinalando e concretando que gastos poden considerarse extraordinarios, e cales non o son. Neste sentido, estímase que gasto extraordinario é aquel que se sae do natural ou do común, e que non é previsible nin se produce con certa periodicidade. Pode afirmarse que gasto extraordinario é aquel que, … Ler máis
Un cidadán instalou no interior do local no que desenvolve a súa actividade comercial unha cámara. Preguntanos se é necesario que proceda a crear un ficheiro e a comunicar a súa existencia á Axencia de Protección de Datos. A captación e/ou a gravación de imaxes de persoas identificables co fin de vixilancia mediante cámaras, videocámaras … Ler máis
Co falecemento dunha persoa ábrese a súa sucesión, é dicir, os seus bens e as súas débedas pasan a formar parte da súa herdanza, e é preciso adxudicar estes aos herdeiros. Cando existe acordo entre todos os herdeiros este procedemento é sinxelo, vexamos como.
Desde Artigo 14 entendemos que hai dereitos constitucionais que deben verse garantidos non só pola administración de xustiza senón tamén por parte do goberno, ademais no caso do dereito á liberdade de expresión este debe ser obxecto de especial tutela como neste caso as creacións artísticas.
Cando as pessoas coherdeiras dunha herdanza non conseguen chegar a un acordo sobre a adxudicación dos bens ou sobre os valores dos mesmos, calquera pessoa coherdeira poderá reclamar xudicialmente a división da herdanza mediante a presentación de demanda no Xulgado competente.
Fálase moito estes días sobre a legalidade da gravación e difusión dos sms de Puigdemont, aínda que non existe unha resposta absoluta, senón que son varios os factores a valorar por un Tribunal para decidir nun sentido ou noutro.
Alexandra Pereira, autora do blogue Lovely Pepa denuncia en Youtube a existencia dun foro en vogue.es no que se lle insulta desde hai máis de 8 anos. ¿Qué responsabilidade ten Vogue.es neste caso?
Contraer matrimonio non é só unha declaración de amor, se non que ten consecuencias xurídicas importantes, é realmente un contrato do que se derivan dereitos e obrigas para aqueles que o contraen.
¿Como extinguir un contrato de arrendamento de vivenda dos coñecidos como “renda antiga”?