Tarjeta de crédito para compras internet

Qué é crédito revolving?

As tarxetas de crédito Revolving son aquelas nas que o seu titular pode dispoñer ata o límite de crédito concedido a cambio do pago das cotas periódicas fixadas no contrato, as cales poden ser unha porcentaxe da débeda (cun mínimo segundo contrato) ou unha cota fixa.

O máis característico é que con cada prazo pago se reconstitúen os fondos dispoñibles por ese importe.
Ademais, neste tipo de tarxetas os intereses xerados, as comisións e outros gastos repercutibles ao cliente son financiados xunto co resto das operacións.

Isto implica que, se o interese é elevado (25% TAE) e a cota mensual que se abona é baixa (3% saldo disposto), a amortización do principal realizarase nun prazo moi longo, o que implica o pago total dunha cifra elevada de intereses e un endebedamento case perpetuo.

Icono de tarjetas revolving

Quen os comercializa?

Prácticamente todas as entidades financeiras, Bankinter, Banco Santander, Wizink Bank, BBVA, Caixabank.

Tamén empresas que conceden créditos rápidos, CETELEM, COFIDIS, CREDITEA, CASHPER, VIVUS, FERRATUM…

Qué podemos reclamar?

Declarada a nulidade do crédito, a consecuencia será que a totalidade do importe abonado sexa destinado a cancelar o saldo disposto, excluindo comisións e intereses. En caso de ter abonado maior importe do xa disposto, procederá a devolución de esa cantidade.

Por exemplo:

A dispuxo ca tarxeta de crédito de 5.000 € o longo de catro anos. Nese
periodo de tempo leva pagados recibos por valor de 7.000 €.
Ademais hai pendente de pago 3.000 €.

A nulidade do contrato implicará a devolución de 2.000.-€ e a condonación de 3.000.-€
de débeda pendente.

Icono tarjetas revolving

En qué caso podes reclamar?

O Tribunal Supremo establece que é nulo o contrato de crédito “revolving” por considerar usurario un 24,6% TAE. Para comprobar o tipo de xuro aplicado o teu crédito debemos comprobar os extractos mensuais ou o contrato.

Se non dispós de esta documentación, nos encargamos de solicitala o Servizo de Atención á clientela bncaria da túa entidade.

Qué podes facer ti?

– Solicitar aclaración sobre as cantidades abonadas e o saldo debedor pendente de pago.
A entidade deberá facilitar un detalle o máis completo posible da débeda esixible, onde se poidan verificar o importe reclamado e a súa composición, desagregando a cantidade pendente de pago en concepto de principal, intereses acumulados e comisións devengadas por distintos conceptos.

− Solicitar coñecer cando terminarás de pagar a túa débeda.
A entidade debe facilitar algún medio e, en todo caso, a través da atención telefónica personalizada a través do cal cada cliente, nun momento determinado, poida coñecer o tempo estimado que queda para amortizar unha operación.

É esixible conforme ás boas prácticas bancarias, rias, a confección dun cadro de amortización no que se debería advertir ao interesado de que sería válido só se se mantén o pago mensual pola contía pactada e non levan a cabo novas disposicións do crédito que permita ao interesado coñecer o número de pagos necesarios para cancelar o crédito.

−Solicitar saber o importe da débeda pendente, coa pretensión de cancelala.
A entidade debe informar tendo en conta os posibles recibos ou cotas devengadas pendentes de liquidación, pois o contrario podería provocar unha expectativa de bo fin das operacións ao deber o importe certificado, que, ao non incluír toda a débeda pendente de pago, non sería suficiente para saldar a débeda.