División xudicial de herdanza
Calquera coherdeiro/a poderá reclamar xudicialmente a división da herdanza mediante a presentación de demanda de división xudicial da herdanza.
Acto seguido, acordarase a intervención do caudal hereditario e a formación de inventario.
Practicadas as actuacións anteriores, o órgano xudicial convocará unha xunta cas persoas herdeiras, que deberán poñerse de acordo sobre o nomeamento dunha persoa contadora que practique as operacións divisorias do capital, así como sobre o nomeamento de profesionais periciais que deban de intervir na valoración dos bens.
Se da xunta resultase falta de acordo para o nomeamento da contadora, designarase por sorteo.
A contadora realizará as operacións divisorias e procurará, en todo caso, evitar a indivisión, así como a excesiva división dos predios.
As operacións divisorias deberán presentarse no prazo máximo de dous meses desde que foron iniciadas, e conteranse nun escrito asinado polo contador, no que se expresará:
1º A relación dos bens que formen o capital partible.
2º A valoración dos comprendidos nesa relación.
3º A liquidación do capital, a súa división e adxudicación a cada partícipe.
Destas operacións dáse traslado as partícipes a fin de que manifesten o seu acordo ou a súa oposición ás mesmas. En caso de acordo o órgano xudicial entregará a cada persoa instituida heredeira os bens que lle foran adxudicados, en caso contrario citaraselles de novo a unha vista e rematará o procedemento por sentenza que conteña as adxudicacións.
En calquera estado do procedemento poderán as persoas instituidas heredeiras separarse do seu seguimento e
adoptar os acordos que estimen convenientes. Cando o solicitaren de común acordo, deberá o órgano xudicial sobreser o xuízo e poñer os bens ao dispor das partícipes.