tamén que o contrato expoña de maneira transparente o funcionamento concreto do mecanismo ao que se refire a cláusula de que se trate, así como, no seu caso, a relación entre ese mecanismo e o prescrito por outras cláusulas, de xeito que a consumidora estea en condicións de valorar, baseándose en criterios precisos e intelixibles, as consecuencias económicas que se deriven para a mesma.
4. O/A consumidor/a ten que ter coñecemento dos motivos que xustifican a retribución correspondente a esta comisión, e poderá, así, valorar o alcance do seu compromiso e, en particular, o custo total do devandito contrato.
5. Existe un desequilibrio importante entre as partes cando o banco non demostre que a comisión de apertura responde a servizos efectivamente prestados e a gastos que tivese.
Polo tanto, con esta recente Sentenza ditada polo TXUE, abriuse a posibilidade para as consumidoras de que se declare a nulidade da cláusula de comisión de apertura da hipoteca e se devolvan as cantidades abonadas por ese concepto.