Os cónxuxes, cando non tiveren fillos que dependan deles, poderán acordar a súa separación matrimonial ou divorcio de mutuo acordo, mediante a formulación dun convenio regulador en escritura pública ante Autoridade Notarial.
Deberán prestar o seu consentimento ante unha Notaría do último domicilio común ou o do domicilio ou residencia habitual de calquera dos solicitantes.
Os cónxuxes no outorgamento da escritura pública deberán contar con asistenza letrada.
A documentación necesaria é a mesma que no caso de divorcio xudicial.