As tarxetas de crédito Revolving son aquelas nas que o seu titular pode dispoñer ata o límite de crédito concedido a cambio do pago das cotas periódicas fixadas no contrato, as cales poden ser unha porcentaxe da débeda (cun mínimo segundo contrato) ou unha cota fixa.
O máis característico é que con cada prazo pago se reconstitúen os fondos dispoñibles por ese importe.
Ademais, neste tipo de tarxetas os intereses xerados, as comisións e outros gastos repercutibles ao cliente son financiados xunto co resto das operacións.
Isto implica que, se o interese é elevado (25% TAE) e a cota mensual que se abona é baixa (3% saldo disposto), a amortización do principal realizarase nun prazo moi longo, o que implica o pago total dunha cifra elevada de intereses e un endebedamento case perpetuo.