A liquidación comezará por un inventario do activo e pasivo da sociedade.
ACTIVO: art. 1397 Cc.:
1. Bens adquiridos existentes no momento da disolución.
2. Importe actualizado do valor que tiñan os bens ao ser alleados por negocio ilegal ou fraudulento se non fose recuperado.
3. Importe actualizado das cantidades pagas pola sociedade que fosen de cargo dun cónxuxe e en xeral as que constitúen créditos da sociedade contra este.
PASIVO: art. 1398 Cc.:
4. Débedas pendentes da sociedade.
5. Importe actualizado do valor dos bens privativos cando a súa restitución deba facerse en metálico por ser gastados en interese da sociedade. Igual regra aplícase ás deterioracións producidas nos devanditos bens polo seu uso en beneficio da sociedade.
6. Importe actualizado das cantidades que, sendo pagadas por un só dos cónxuxes, fosen de cargo da sociedade e, en xeral, as que constitúan créditos dos cónxuxes contra a sociedade