Polo outorgamento de pacto de mellora é preciso liquidar os seguintes impostos:
1. Incremento de valor de terreos de natureza urbana (Plusvalía Municipal) para o caso de que se transmita un ben inmoble.
O suxeito pasivo é o adquirente.
O importe determinase aplicando unha porcentaxe a diferencia de valor entre o valor de adquisición pola mellorante e o valor de adquisición polo mellorado. A porcentaxe varía en función da Administracion Municipal do lugar en que radique o inmoble.
2. Imposto sobre Sucesións e Doazóns. O suxeito pasivo é o adquirente.
• Deberá presentarse no prazo de seis meses desde a realización da escritura pública.
• Nas adquisicións por descendentes de 21 anos ou mais están exentos de tributación hasta 1.000.000 euros.