Son causas de incapacitación as enfermidades ou deficiencias persistentes de carácter físico ou psíquico, que impidan á persoa gobernarse por si mesma.
Quedando acreditado que a enfermidade padecida polo/a presunto/a incapaz impídelle gobernarse por si, así como o seu carácter irrecuperable, procede a súa incapacitación de conformidade co disposto no artigo 200 do Código Civil.
As persoas menores de idade poderán ser incapacitadas cando concorra nelas causa de incapacitación e prevéxase razoablemente que a mesma persistirá despois da maioría de idade.
1. Procedemento xudicial de incapacitación
É competente o Xulgado de Primeira Instancia do lugar da residencia da persoa á que se refire a declaración de incapacidade solicitada, conforme ao art. 756 LAC.
A declaración de incapacidade pode promovela o/a presunto/a incapaz, o cónxuxe ou quen se atope nunha situación de feito asimilable, os descendentes, os ascendentes, ou os/as irmáns do presunto/a incapaz.
A demanda deberá presentarse baixo representación técnica de procurador/a e con asistencia letrada de avogada/ou en exercicio.
2. Réxime de tutela
Con arranxo ao art. 760.1 LAC, a sentenza que declarea incapacitación determinará o réxime de tutela ou garda ao que quedará sometida a persoa incapacitada, así como, se se pedira, nomearase á persoa ou persoas que exercerán a súa representación.
3. Inscrición no Rexistro Civil
A sentenza xudicial firme que declare a incapacidade inscribirase no Rexistro Civil, sendo esta o único medio para declarar a incapacidade das persoas.
Rúa Fonte de Santo Antonio, 17, 1º
15702 Santiago de Compostela
DATOS DE CONTACTO
Telf: 981 075 538
info@artigo14.es