Con carácter simultáneo á contratación dun préstamo hipotecario son moitas as ocasións nas que se impón a concertación dun seguro de vida como condicionante á obtención do Préstamo con Garantía Hipotecaria.
Este seguro adoita subscribirse cunha aseguradora pertencente ao mesmo grupo de empresas que a entidade bancaria coa que se concertou o préstamo.
Ademais, imponse o pago do seguro a través dunha prima única que aumenta o importe total financiado e que supón a súa devolución aprazada co consecuente pagamento de intereses.